viernes, 11 de febrero de 2011

Os nosos cruceiros: historia, artistas, devotos, tradicións ... Os cruceiros do Concello de Ortigueira















O 26 de febreiro ás 12:00 h, no salón de actos do Museo Ortegalia terá lugar a Conferencia a cargo de Clodio González Pérez sobre os cruceiros, facendo mención ás orixes, historias, artistas recoñecidos, e tradicións que xiran entorno a estes elementos etnográficos. En particular centrarase nos cruceiros do Concello de Ortigueira.
A entrada será gratuíta.
Pola tarde farase unha saída ao campo en coches particulares visitando os cruceiros máis representativos da zona.


CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ
 Mestre, historiador e etnógrafo. Membro do padroado e da xunta reitora do Museo do Pobo Galego, da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, membro do Instituto de Estudos Tudenses, do Instituto de Estudos das Identidades, vocal da comisión de Patrimonio Histórico Galego da provincia da Coruña en representación do Consello da Cultura Galega, etc. Premio nacional de xornalismo "Artes y tradiciones populares" do Ministerio de Cultura os anos 1983, 1984, 1985 e 1986, polos artigos publicados en LA VOZ DE GALICIA (suplemento "La Voz de la Escuela"); premio de Investigación da Deputación de Pontevedra (1987 e 1992) e de Investigación Etnográfica "Raigame" da Deputación de Ourense (2008), etc.

Autor de varios libros e asiduo colaborador en revistas e xornais. Entre outras, conta coas seguintes publicacións sobre os cruceiros: "Os cruceiros de capela" concellos de Rois, Ribeira, Brión, Ames e Rianxo (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1989, 1992, 1995, 1996, 1998, 1999) e concello de Dodro (Anuario Brigantino, 2001); "O milagre da lactación de San Bernardo nun cruceiro do século XVI" (Brigantium, 1990); "Un cruceiro ben documentado: o de Teaño (Boiro)" (Museo de Pontevedra, 1990); "Los cruceros de capillita" (Revista de Folklore, 1993); Os cruceiros  (2003); Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa, con R. Marín (2003); "Os cruceiros de capeliña: advocación, antigüidade e área xeográfica" (Actas do 1º Congreso Galego sobre "Cruceiros e cruces de pedra", 2009); "A representación dos instrumentos da Paixón nos nosos cruceiros" (Actas do 2º Congreso Galego sobre "Cruceiros e cruces de pedra", 2010), etc.

Fundación Ortegalia
T. 981 402 413 / 981 422 047
Avda Francisco Santiago 6-9
15.330 Ortigueira

http://www.ortegalia.es/
http://www.facebook.com/fundacionortegalia

No hay comentarios:

Publicar un comentario