viernes, 23 de octubre de 2009

VII Festa dos Calabazotes

Un ano máis, a Fundación Ortegalia celebrará a Festa dos Calabazotes. Haberá xogos variados, un obradoiro de maquillaxe, a actuación do mago Pablo, castañas asadas e premios aos mellores calabazotes.

A cita é o venres 30 de outubro, ás 16.30h na Praza de Isabel II de Ortigueira. Esperámoste!!

...e non esquezades o voso calabazote!!!!

miércoles, 7 de octubre de 2009

Exposición de pegadas e outros sinais de animais terrestres

A Fundación Ortegalia presenta, en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural, a exposición temporal "Rastrexar ou o arte de ver".

A mostra consiste nunha colección de pegadas, excrementos, egagrópilas e outros indicios de animais terrestres habituais na nosa zona co obxecto de iniciar ao público en xeral na identificación destes sinais.

As pezas foron recompiladas por Juan Ignacio Díaz da Silva, e forman parte dos fondos do Museo da Natureza da SGHN.

Aberta ao público a partir do 20 de outubro no Museo Ortegalia.

Curso de identificación de pegadas, rastros e outros sinais

A interpretación dos indicios que deixan os animais, permítenos coñecer non só as especies presentes nunha determinada zona senón tamén aspectos relacionados coa alimentación, co seu territorio e coa xenética, datos imprescindibles en calquera estudo de campo.
Para aprender a identificar as pegadas a Fundación Ortegalia organiza un curso os días 17 e 18 de outubro no Museo Ortegalia.

O curso será impartido por Juan Ignacio Díaz da Silva, responsable do Museo da Natureza da Sociedade Galega de Historia Natural e as xornadas organizaranse do seguinte xeito:


- Sábado 17

10h - Introdución á interpretación dos indicios
12h - Obradoiro: moldes en escaiola das pegadas dos animais
16h - Descrición dos principais rastros dos mamíferos terrestres
18h - Visita e interpretación da exposición "Rastrexar ou o arte de ver"

- Domingo 18
10h - Saída ao campo


As inscricións faranse na Fundación Ortegalia, no T 981 402 413 ou ben no mail egonzalez(arroba)ortegalia.es


As prazas son limitadas!!