sábado, 12 de septiembre de 2009

Proxeccións de natureza para nenos

Durante o mes de setembro a Fundación Ortegalia proxectará 10 documentais destinados aos máis pequenos da casa.

Os nenos poderan descubrir como son e como viven os animais dende cachorros ata adultos, onde habitan, o que comen ou como son as relacións coa súa familia. Ao final da proxección faranse algunhas preguntas que poñeran a proba o aprendido.

A cita será de martes a venres ás 17:30h no Museo Ortegalia.


jueves, 3 de septiembre de 2009

A ameaza silenciosa


Tras a presentación da segunda etapa de execución do proxecto “Plan de actuación sobre a flora invasora da Ría de Ortigueira e Ladrido”, a Fundación Ortegalia continúa durante todo o mes de setembro coa campaña de información e concienciación acerca dos perigos das plantas exóticas invasoras.





Se estás interesado en saber máis sobre este tema podes acudir ao seguintes Centros Sociais do Concello de Ortigueira:
- C.S. de Céltigos, o xoves 10 de setembro ás 19 horas

- C.S. de Mera de Riba, o venres 11 de setembro ás 19 horas

- C.S. de Ladrido, o mércores 16 de setembro ás 20 horas

- C.S. de San Adrián, o xoves 17 de setembro ás 20 horas

- C.S. de Mera de Baixo, o mércores 23 de setembro ás 16.30h

- C.S. de Espasante, o xoves 24 de setembro ás 20 horas


*Queda tamén á vosa disposición o poster e o tríptico da campaña, que podedes descargar picando nas imaxes.