martes, 27 de noviembre de 2012

Exile on Rego Torto St.- Exposición de Banda Deseñada


 
Este decembro, o Museo Ortegalia voltará a ser o escenario onde os autores da nosa comarca poden expoñer o seu traballo.“Exile on Rego Torto St.” é unha mostra dos debuxos de Cristian Fojón Caruncho, un rapaz que, aos seus 15 anos, xa conta cun longo listado de premios de debuxo e banda deseñada.

A exposición estará aberta ao público entre o 5 de decembro e o 6 de xaneiro, e durante este tempo estarán á venda no museo os seus mangas autoeditados.

 A  inauguración é o mércores 5 ás 19h. Achégate a coñecer o traballo de Cristian!!


Ah! E este é o seu blogue.  Recordade o seu nome que, de seguro, voltaredes a oir falar del!!

martes, 20 de noviembre de 2012

VIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Dirixido a nenos/as de ata 12 anos.
A técnica será libre, pero non se utilizarán deseños por ordenador, nin con texturas (algodón, purpurina,...)
Data límite de entrega: 5 de decembro.

martes, 13 de noviembre de 2012

Fotos dos Paxaros do Ortegal

A nosa 1ª captura, un paporroibo!!

Moi atentos a ver se "cae algo" para a colección de plumas...

De que ano é este paxaro?
Futuros aneladores?

Tamén caeu unha parella de estreliñas riscadas

Moitas grazas a tod@s por asistir e a Damián e a Pablo por mostrarnos a riqueza dos paxaros do Ortegal!!!





martes, 6 de noviembre de 2012

COGOMELOS COMÚNS DO ORTEGAL


O vindeiro sábado 17 de novembro celebraremos as V Xornadas Micolóxicas da Fundación Ortegalia. As 10 da mañá haberá unha charla de nivel básico para aprender a distinguir os cogomelos máis comúns na nosa comarca, e entre 11.30 h e as 16 h sairemos ao campo* para recoller e identificar fungos.

Ademais, o domingo 18 expoñeranse os exemplares recollidos na carpa da Feira do Mel (Alameda de Ortigueira) e a profesora estará dispoñible para consultas e identificacións entre as 11 h e as 13 h dese mesmo día.

A inscrición son 5€ e o prazo está aberto ata o venres 16. Anímate a participar!


* Nota: As saídas faranse en coches particulares. É preciso traer a comida.


lunes, 5 de noviembre de 2012

ORTEGALIA Á TÚA MEDIDA. VISITAS DIDÁCTICAS E TURÍSTICAS

Visitas didácticas dirixidas a alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

 
 
Visitas turísticas dirixidas a grupos de adultos.