martes, 6 de noviembre de 2012

COGOMELOS COMÚNS DO ORTEGAL


O vindeiro sábado 17 de novembro celebraremos as V Xornadas Micolóxicas da Fundación Ortegalia. As 10 da mañá haberá unha charla de nivel básico para aprender a distinguir os cogomelos máis comúns na nosa comarca, e entre 11.30 h e as 16 h sairemos ao campo* para recoller e identificar fungos.

Ademais, o domingo 18 expoñeranse os exemplares recollidos na carpa da Feira do Mel (Alameda de Ortigueira) e a profesora estará dispoñible para consultas e identificacións entre as 11 h e as 13 h dese mesmo día.

A inscrición son 5€ e o prazo está aberto ata o venres 16. Anímate a participar!


* Nota: As saídas faranse en coches particulares. É preciso traer a comida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario