jueves, 28 de octubre de 2010

TALLER DE POP-UP

Taller de POP-UP. Aprende a crear divertidas tarxetas 3D.


     O taller orientado a nenos/as entre 8 e 12 anos terá lugar no Museo Ortegalia o día 10 de novembro ás 17:00 h.
Os interesados terán que inscribirse antes do 5 de novembro dirixíndose á Fundación Ortegalia.
Haberá límite de prazas e a actividade será de balde.

Fundación Ortegalia
Avd. Francisco Santiago, 6-9
15330 Ortigueira
Tel. 981 402 413

martes, 26 de octubre de 2010

Observación e identificación de aves


Por segundo ano consecutivo a Fundación Ortegalia organiza un cursiño de observación e identificación de aves. Nesta ocasión as datas coinciden coa migración postnupcial, momento no que multitude de aves escollen a ría de Ortigueira e Ladrido para descansar e alimentarse antes de continuar a súa viaxe cara ao sur.

O curso contará con Cosme Damián Romai como profesor e levarase a cabo no Museo Ortegalia os días 6 e 7 de novembro. O sábado 6 a partir das 10.30h en xornada de mañá e tarde haberá sesións teóricas e saídas a diversos puntos da ría. O domingo 7 faremos unha saída a Estaca de Bares.

As prazas son limitadas, e o prezo é de 5€.

Podedes apuntarvos ata o xoves 4 de novembro en:
Fundación Ortegalia
Avda Francisco Santiago 6-9
15.330 Ortigueira
T. 981 402 413
egonzalez(arroba)ortegalia.es

http://www.ortegalia.es/


*Nota. Os desprazamentos faranse en coches particulares

miércoles, 13 de octubre de 2010

VII FESTA DOS CALABAZOTES

     














O vindeiro 28 de outubro, ven a celebrar connosco o Samaín.
Haberá castañas para todos/as, contaremos coa actuación
do MAGO TETO e daranse premios aos mellores calabazotes.

   

viernes, 1 de octubre de 2010

Xornada ambiental no río Mera

O xoves 30 de setembro un pequeno grupo de voluntarios ambientais, desplazouse a un tramo do río Mera para facer unha limpeza da perigosa especie invasora Tritonia x Crocosmiiflora.
Dende aquí o noso agradecemento a estas persoas que gastaron unhas horas do seu tempo de lecer nesta laboriosa tarefa.

A pesar dos esforzos, aínda queda moitísimo por facer!!. Vanse organizar máis campañas, agardamos que poidades vir, cantos máis sexamos mellor!!!