jueves, 24 de octubre de 2013

FACENDO COMARCA... E TI QUE FAS NO ORTEGAL?

FACENDO COMARCA... E TI QUE FAS NO ORTEGAL?
Comparte e difunde os teus proxectos e iniciativa na comarca do Ortegal.
13 de novembro 2013
19:00h.
Museo Ortegalia


miércoles, 23 de octubre de 2013

XI FESTA DOS CALABAZOTES

XI FESTA DOS CALABAZOTES
Invitámosvos a tod@s a participar, o xoves 31 de outubro, na XI Festa dos Calabazotes.

miércoles, 16 de octubre de 2013

Dende as pescudas modernistas de Maciñeira á arqueoloxía contemporánea en Galicia

O venres 25 de outubro, ás 20:30h., o historiador Felipe-Senén López Gómez impartirá, no Museo Ortegalia, a conferencia "Dende as pescudas modernistas de Maciñeira á arqueoloxía contemporánea en Galicia"
A partir desa mesma data e ata o 30 de novembro estará aberta ao público a exposición "Achados arqueolóxicos do Ortegal", colección particular de Xosé Carlos Breixo Rodríguez.



VISITAS DIDÁCTICAS

ORTEGALIA Á TÚA MEDIDA
Visitas didácticas 2013-2014

Dende a Fundación Ortegalia levamos traballando máis de 13 anos na posta en valor e difusión do patrimonio cultural e ambiental do Ortegal e contamos cunha nutrida experiencia na realización de actividades didácticas, adaptadas pedagoxicamente a diferentes grupos de poboación.
As visitas deseñadas permiten dar a coñecer dunha forma lúdica e interactiva un determinado momento histórico, un elemento etnográfico ou o medio natural.
Esperamos que as propostas presentadas sexan do voso interese e que vos animedes a visitar a nosa bisbarra.

lunes, 14 de octubre de 2013

III XORNADAS DE ETNOGRAFÍA. HERÁLDICA DO ORTEGAL

III XORNADAS DE ETNOGRAFÍA.
HERÁLDICA DO ORTEGAL
O próximo venres 18 de outubro, a Fundación Ortegalia organiza as III Xornadas de etnografía.
O historiador Carlos Breixo impartirá unha conferencia ás 20:30h no Museo Ortegalia.
Ao día seguinte está prevista unha saída en autobús por diversos puntos do municipio para visitar algúns dos escudos "in situ".
O prezo destas xornadas é de 3 € e as persoas que estean interesadas en asistir deben inscribirse antes do xoves 17.
Para máis información:
Fundación - Museo Ortegalia
Av. Francisco de Santiago, nº 6-9- Ortigueira
Tel: 981 402 413
 
 

miércoles, 9 de octubre de 2013

MÁIS ORTEARTE

Ampliamos a oferta de talleres de historia ORTEARTE.
Novas datas e novas idades.



SÁBADO 19 DE OUTUBRO
OS CELTAS
De 11:00-12:30 h. Nen@s de 7 a 13 anos
De 12:30-13:30 h. Nen@s de 3 a 6 anos

SÁBADO 26 DE OUTUBRO
DO AS AO EURO
De 11:00-12:30 h. Nen@s de 7 a 13 anos
De 12:30-13:30 h. Nen@s de 3 a 6 anos

viernes, 4 de octubre de 2013

ESPACIO ARTEGALIA



El Museo Ortegalia invita a exponer sus obras de arte, de forma totalmente gratuita, a los artistas que lo deseen.
 
Si estás interesad@ en exponer con nosotros, solo tienes que enviar un correo a la dirección fundacion@ortegalia.es, aportando los siguientes datos:
 
  • Nombre completo
  • Curriculum (opcional)
  • Teléfono
  • Dirección de correo electrónico
  • Título del proyecto
  • Descripción
  • Número de obras
  • Soporte