jueves, 11 de marzo de 2010

O Camiño das peregrinacións

A Fundación Ortegalia súmase á celebración do Ano Santo Compostelán 2010 coa organización do congreso "O Camiño das peregrinacións".

O obxectivo desta iniciativa é abordar o tema do Camiño de Santiago e as peregrinacións dende unha perspectiva multidisciplinar. Así, as conferencias tratarán, entre outros, temas como os ritos e lendas do Camiño, as súas orixes precristiás ou as prantas curadoras usadas polos peregrinos.


Será o sábado 27 de marzo, no Museo Ortegalia a partir das 11.30 da mañá. A asistencia é gratuíta.

O programa coas conferencias e poñentes o tedes na imaxe, premede para ampliar!

miércoles, 10 de marzo de 2010

A viaxe da auga


O 22 de Marzo de cada ano celébrase o Día Mundial da Auga. Con este motivo a Fundación Ortegalia propón o visionado dunha proxección na que seguiremos á auga na súa viaxe pola terra e descubriremos porqué é tan importante para a vida.

Se che interesa acude ao Museo Ortegalia o xoves 18 de marzo ás 19 horas.