miércoles, 31 de octubre de 2012

10 ANOS DE CALABAZOTES

A partir do vindeiro 8 de novembro, con motivo do décimo aniversario da Festa dos Calabazotes, abrirase ao público a exposición temporal 10 ANOS DE CALABAZOTES, unha mostra fotográfica retrospectiva dos dez anos da celebración. Poderá ser visitada no Museo Ortegalia de martes a venres, de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h. a 20:00h., e os sábados e domingos de 11:00h. a 14:00h. 


miércoles, 24 de octubre de 2012

Paxaros do Ortegal (Orde Passeriformes)



Este ano, as Xornadas Ornitolóxicas da Fundación Ortegalia van estar centradas na Orde dos Passeriformes, os tamén chamados "paxaros cantores". Como noutras edicións, o ornitólogo Cosme Damián Romay Cousido non só nos dará charlas teóricas, senón tamén sesións prácticas, de observación, de realización de transectos e de anelamento científico, para poder ver in situ aos obxectos de estudio.

Cando van ser? os días 10 e 11 de novembro no Museo Ortegalia, en Ortigueira.

As prazas son limitadas!!

A inscrición son 5€ e podes anotarte ata o 8 de novembro en:

Fundación Ortegalia
Avda Francisco Santiago 6-9
15.330 Ortigueira
T. 981 402 413
egonzalez(arroba)ortegalia.es



Programa:

Sábado, 10 de novembro de 2012


10:00 h – Recepción na Fundación Ortegalia.

10:15 h – CHARLA 1: Diversidade da clase Aves e da orde Passeriformes (45 min).

11:10 h – Saída ao porto de Ortigueira. Descanso.

12:30 h – CHARLA 2: Passeriformes comúns da comarca de Ortegal e de Galicia (45 min).

13:15 h – CHARLA 3: Estudos e tendencias poboacionais de passeriformes en Galicia (45 min).

14:00 h – Fin da sesión da mañá.

16:30 h – SESIÓN PRÁCTICA 1: Transectos e estacións de tempo controlado. Lugar: arredores da estación de tren de Ortigueira.

18:45 h – CHARLA 4: O anelamento científico (45 min)

19:30 h – CHARLA 5: Passeriformes e folclore galego (30 min)

20:00 h – Conclusións e peche da xornada.


Domingo, 11 de novembro de 2012

09:00 h – SESIÓN PRÁCTICA 2: Anelamento científico. Lugar: lagoa de San Martiño.

12:30 h – Percorrido polas dunas de Morouzos ata a marisma de Ladrido para a observación de passeriformes.

14:00 h – Remate do curso e despedida.

jueves, 11 de octubre de 2012

Antonio Rivera Losada, froito senlleiro dunha vella liñaxe galega

Continuando coas actividades que organiza Ortigueira Literaria Dixital para celebrar o ano dedicado a Antonio Rivera Losada, o venres 26 de outubro contaremos, no Museo Ortegalia, cunha conferencia do historiador Carlos Breixo, presentada por Luis Alonso Santiago.

X FESTA DOS CALABAZOTES

Invitámosvos a tod@s a participar o mércores, 31 de outubro, na X Festa dos Calabazotes. Este ano como novidade, ademais do concurso de calabazotes, haberá un concurso de disfraces e contaremos coa actuación do Mago Centella te coma.