Este ano, as Xornadas Ornitolóxicas da Fundación Ortegalia van estar centradas na Orde dos Passeriformes, os tamén chamados "paxaros cantores". Como noutras edicións, o ornitólogo Cosme Damián Romay Cousido non só nos dará charlas teóricas, senón tamén sesións prácticas, de observación, de realización de transectos e de anelamento científico, para poder ver in situ aos obxectos de estudio.
Cando van ser? os días 10 e 11 de novembro no Museo Ortegalia, en Ortigueira.
As prazas son limitadas!!
A inscrición son 5€ e podes anotarte ata o 8 de novembro en:
Fundación Ortegalia
Avda Francisco Santiago 6-9
15.330 Ortigueira
T. 981 402 413
egonzalez(arroba)ortegalia.es
Programa:
Sábado, 10 de novembro de 2012
10:00 h – Recepción na Fundación Ortegalia.
10:15 h – CHARLA 1: Diversidade da clase Aves e da orde Passeriformes (45 min).
11:10 h – Saída ao porto de Ortigueira. Descanso.
12:30 h – CHARLA 2: Passeriformes comúns da comarca de Ortegal e de Galicia (45 min).
13:15 h – CHARLA 3: Estudos e tendencias poboacionais de passeriformes en Galicia (45 min).
14:00 h – Fin da sesión da mañá.
16:30 h – SESIÓN PRÁCTICA 1: Transectos e estacións de tempo controlado. Lugar: arredores da estación de tren de Ortigueira.
18:45 h – CHARLA 4: O anelamento científico (45 min)
19:30 h – CHARLA 5: Passeriformes e folclore galego (30 min)
20:00 h – Conclusións e peche da xornada.
Domingo, 11 de novembro de 2012
09:00 h – SESIÓN PRÁCTICA 2: Anelamento científico. Lugar: lagoa de San Martiño.
12:30 h – Percorrido polas dunas de Morouzos ata a marisma de Ladrido para a observación de passeriformes.
14:00 h – Remate do curso e despedida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario