miércoles, 22 de diciembre de 2010

Bo nadal e feliz 2011 !!!

POSTAL GAÑADORA DO VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL !!!

Todas as postais recibidas para o VI Concurso de postais de Nadal da Fundación Ortegalia estarán expostas no Museo Ortegalia a partir do xoves 26 de decembro.




O gañador deste ano foi Juán José Barcón Cao de 12 anos de idade.

Noraboa!!

viernes, 26 de noviembre de 2010

CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA


A Fundación Ortegalia organiza, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da Universidade de Santiago de Compostela, un cursiño de iniciación á Astronomía.
Terá lugar no Museo Ortegalia , os días 10 e 11 de decembro.
O programa do curso é o seguinte:

>> Venres 10
17-19h. Sesión teórica
19.30 – 21h. Obradoiro de planisferios
22 – 23.30h Observación (aparcadoiro Morouzos)

>> Sábado 11
16-18h. Sesión teórica
18.30 – 20h. Obradoiro de telescopios
20.30 – 22h. Observación (aparcadoiro Morouzos)


As prazas son limitadas e o prezo de inscrición é 5 €.
Podedes apuntarvos ata o xoves 9 de decembro en:


Fundación Ortegalia
T. 981 402 413
Avda Francisco Santiago 6-9
15.330 Ortigueira
egonzalez(arroba)ortegalia.es

miércoles, 10 de noviembre de 2010

VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Anímate a participar no VI Concurso de Postais de Nadal!

Poderás presentar o teu deseño ata o día 30 de novembro, no Museo Ortegalia.
Idades: 3-12 anos.
Non se admitirán deseños por ordenador, nin o emprego de texturas (algodón, purpurina,…)

lunes, 8 de noviembre de 2010

IV Xornadas Micolóxicas - Exposición fotográfica

Dentro das súas Xornadas Micolóxicas, o Museo Ortegalia contará cunha exposición fotográfica da autora Cristina García-Echave Puente. Poderase visitar a partir do 19 de novembro, sendo a entrada libre.

IV Xornadas Micolóxicas. Setas das dunas de Morouzos


As IV Xornadas Micolóxicas da Fundación Ortegalia centraránse nos cogomelos que medran nas dunas. A parte teórica terá lugar o venres 19 ás 19h no Museo Ortegalia e a parte práctica será o sábado 20 pola mañá, a partir das 9.30h. As saídas serán polos arredores de Ortigueira e faranse en coches particulares.

A cargo do curso estará a bióloga e experta en cogomelos Cristina García- Echave Puente. O custo de inscrición son 5€ e as prazas son limitadas. Podedes apuntarvos en:
Fundación Ortegalia
Avda Francisco Santiago 6-9
15.330 Ortigueira
T. 981 402 413
egonzalez(arroba)ortegalia.es
http://www.ortegalia.es/

jueves, 28 de octubre de 2010

TALLER DE POP-UP

Taller de POP-UP. Aprende a crear divertidas tarxetas 3D.


     O taller orientado a nenos/as entre 8 e 12 anos terá lugar no Museo Ortegalia o día 10 de novembro ás 17:00 h.
Os interesados terán que inscribirse antes do 5 de novembro dirixíndose á Fundación Ortegalia.
Haberá límite de prazas e a actividade será de balde.

Fundación Ortegalia
Avd. Francisco Santiago, 6-9
15330 Ortigueira
Tel. 981 402 413

martes, 26 de octubre de 2010

Observación e identificación de aves


Por segundo ano consecutivo a Fundación Ortegalia organiza un cursiño de observación e identificación de aves. Nesta ocasión as datas coinciden coa migración postnupcial, momento no que multitude de aves escollen a ría de Ortigueira e Ladrido para descansar e alimentarse antes de continuar a súa viaxe cara ao sur.

O curso contará con Cosme Damián Romai como profesor e levarase a cabo no Museo Ortegalia os días 6 e 7 de novembro. O sábado 6 a partir das 10.30h en xornada de mañá e tarde haberá sesións teóricas e saídas a diversos puntos da ría. O domingo 7 faremos unha saída a Estaca de Bares.

As prazas son limitadas, e o prezo é de 5€.

Podedes apuntarvos ata o xoves 4 de novembro en:
Fundación Ortegalia
Avda Francisco Santiago 6-9
15.330 Ortigueira
T. 981 402 413
egonzalez(arroba)ortegalia.es

http://www.ortegalia.es/


*Nota. Os desprazamentos faranse en coches particulares

miércoles, 13 de octubre de 2010

VII FESTA DOS CALABAZOTES

     














O vindeiro 28 de outubro, ven a celebrar connosco o Samaín.
Haberá castañas para todos/as, contaremos coa actuación
do MAGO TETO e daranse premios aos mellores calabazotes.

   

viernes, 1 de octubre de 2010

Xornada ambiental no río Mera

O xoves 30 de setembro un pequeno grupo de voluntarios ambientais, desplazouse a un tramo do río Mera para facer unha limpeza da perigosa especie invasora Tritonia x Crocosmiiflora.
Dende aquí o noso agradecemento a estas persoas que gastaron unhas horas do seu tempo de lecer nesta laboriosa tarefa.

A pesar dos esforzos, aínda queda moitísimo por facer!!. Vanse organizar máis campañas, agardamos que poidades vir, cantos máis sexamos mellor!!!



sábado, 25 de septiembre de 2010

XORNADA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO RÍO MERA














Xornada de Voluntariado Ambiental no Río Mera
 - Eliminación de Flora Exótica Invasora -

Xoves 30 de setembro, ás 17 h.
Inscrición: Fundación Ortegalia
                Avd. Francisco Santiago, 6-9
                Ortigueira
                Tlf.: 981 402 413
                Email: fundacion@ortegalia.es
                Data límite de inscrición: 28 de setembro

viernes, 10 de septiembre de 2010

A FLORA INVASORA NO ORTEGAL




Charla informativa sobre Flora Exótica Invasora no Ortegal.

Data: 17 de setembro ás 20:00 h
Lugar: Museo Ortegalia - Av. Francisco de Santiago, 9 - 15330 Ortigueira

viernes, 3 de septiembre de 2010

CURSO DE SUPERVIVENCIA EN EL MEDIO NATURAL

Si quieres aprender a sobrevivir en condiciones extremas, apúntate a este curso impartido por Jaime Barrallo.

Fechas: 25 y 26 de septiembre
Información e inscripciones:
Fundación Ortegalia – Av. Francisco de Santiago, 6 y 9 – 15330 Ortigueira
Tel.: 981402413 – 981422047
Cuota: 20,00 €
Plazas limitadas
Fecha límite de inscripción: 20 de septiembre

lunes, 23 de agosto de 2010

Ruta das Capelas Irmás


La Fundación Ortegalia organiza para el día 24 de agosto una ruta que lleva por nombre "A ruta das capelas Irmás". Dicha ruta transcurrirá por las capillas de Portas, en Devesos, la capilla de Pena de Francia en la parroquia de O Freixo, y la capilla de Merlán, también en  O Freixo.

Las plazas serán limitadas y el precio por persona es de 4 euros.
Para más información:
Tel: 981 402 413

miércoles, 18 de agosto de 2010

CASTING FOTOGRÁFICO














Buscamos modelo para participar en la campaña de concienciación sobre la amenaza de la flora exótica invasora en el Ortegal.
Fecha: 19 de agosto
Hora: 12:00h.
Lugar: Museo Ortegalia - Av. Francisco de Santiago, 9 - 15330 Ortigueira

lunes, 9 de agosto de 2010

Exposición fotográfica

"Silencio" e o título da exposición de Mónica Méndez Aneiros que se inaugurará no Museo Ortegalia o próximo 20 de Agosto.
A mostra, de carácter etnográfico, intenta mostrar, a través de detalles, o sucesivo abandono ao que se ve sometido o mundo rural.

Máis información
Teléfono 981 402 413

Ciclo de cine do Ortegal

O vindeiro mércores, día 11,comeza no Museo Ortegalia, o "Ciclo de cine" do Ortegal.
As películas e o making off que se proxectarán foron grabadas nesta comarca.
En relación ao "Ciclo de cine", inaugurarase tamén, no Museo Ortegalia, unha exposición de carteis cinematográficos pertencentes á colección de D. Luis Alonso Santiago.

A entrada para estas actividades será de balde.


Para máis información:
Teléfono 981 402 413

viernes, 2 de julio de 2010

Presentación del libro Landoy, la saga de los Ortigueira

El próximo viernes, 23 de julio, tendrá lugar en la sala de conferencias del Museo Ortegalia, la presentación del libro de José Caramés Lage, Landoy, la saga de los Ortigueira.

La cita será a las 20:00 h.

Para más información:
web: ortegalia.es
teléfono: 981 402 413

Exposición Fotográfica de Javier Martín

El próximo sábado 10 de julio, en el Museo Ortegalia,se inaugura la exposición de fotos de Javier Martín.
La muestra consta de 30 fotografías, elegidas por el autor, de diferentes rincones del Puerto de Espasante, en Ortigueira, A Coruña.

La Exposición podrá visitarse hasta el 24 de julio en horario de Museo.

Más información:
web: ortegalia.es
teléfono. 981 402 413

jueves, 24 de junio de 2010

Prisciliano y el Priscilianismo. De la condena a la rehabilitación.

La Universidad Internacional Menéndez Pelayo organiza del 13 al 15 de julio, en el Museo Ortegalia, el curso que lleva por nombre "Prisciliano y el priscilianismo. De la condena a la rehabilitación".

INFORMACIÓN, MATRÍCULA Y BECAS:
Secretaría de Alumnos de la UIMP
Teléfono 981 140 830
Pág web: http://www.uimp.es/

Fundación Ortegalia
Teléfono 981 402 413
Pág web: http://www.ortegalia.es/

jueves, 17 de junio de 2010

Exposición fotográfica do testing

A partir do vindeiro martes 22 de xuño e ata o 7 de xullo van estar expostas no 2º andar do Museo Ortegalia as fotografías realizadas durante o Testing Ría de Ortigueira e Ladrido.

As 60 imaxes desta mostra colectiva configuran un pequeno reflexo da inmensa biodiversidade que podemos contemplar nesta zona.

Agardamos que vos guste!

miércoles, 9 de junio de 2010

Muíño de mareas de Senra

O vindeiro 16 de xuño, ás 13:30 h., inaugurarase este muíño cunha demostración do seu funcionamento.

Historia baixo os nosos pés

O día 16 de xuño ás 13:00h., o Conselleiro de Cultura e Turismo inaugurará esta mostra de pezas arqueolóxicas da comarca do Ortegal e do seu contorno.

viernes, 4 de junio de 2010

Cunchas mariñas das nosas praias

Coincidindo co Día Mundial do Medioambiente, ábrese ao público no Museo Ortegalia unha exposición de cunchas mariñas. Poderanse ver máis de 100 especies, todas elas recollidas nos areais da Ría de Ortigueira e Ladrido.

Xa sabedes, a partir do 5 de xuño no Museo Ortegalia

viernes, 28 de mayo de 2010

XLIV CURSO DE SAÚDE AMBIENTAL


PROGRAMA GALEGO
MUNICIPIOS SAUDABLES E SOSTIBLES 2000-2010

Ortigueira (A Coruña), 31 de maio e 1-4 xuño 2010
O curso celebrarase no Museo Ortegalia en horario de 16:30 a 20:30 horas (de luns a venres). O mércores, o xoves e o venres, de 10:00 a 14:00 horas terán lugar unhas visitas prácticas (opcionais).

O curso consta de 32 horas lectivas.
A Universidade da Coruña (UDC) concederá 2 créditos de libre configuración ao alumnado matriculado nesa Universidade que asista ao curso (en tramitación).
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) concederá 1 créditos de libre configuracion ao alumnado matriculado nesa Universidade que asista ao curso (en tramitación).
A Universidade de Vigo (UV) concederá 2 créditos de libre configuración ao alumnado matriculado nesa Universidade que asista ao curso (en tramitación).

Para máis informacion dirixirse a:

FUNDACIÓN ORTEGALIA
Avd. Francisco de Santiago, 6 e 9
15330 Ortigueira (A Coruña)
Tel.: 981 402 413



viernes, 14 de mayo de 2010

VII FESTA DOS MAIOS 2010


Por motivos climatolóxicos, a VII Festa dos Maios, prevista en principio para o martes 11 de maio, quedou posposta xa para unha nova data, o vindeiro mércores 19 de maio, na praza de Isabel II.

O horario será o mesmo, a partir das 10:30 h.

¡Esperamos que desta vez o tempo nos axude!

miércoles, 5 de mayo de 2010

I Testing Ría de Ortigueira e Ladrido

A Fundación Ortegalia xunto con Biodiversidad Virtual e a Asociación Ornitolóxica Calidris, organiza o I Testing Ría de Ortigueira e Ladrido.

Que é un testing? É unha saída ao campo para realizar moitas fotografías dun área, co obxecto de plasmar a súa biodiversidade. As fotos súbense ao proxecto Biodiversidad Virtual, onde as especies serán identificadas. O obxectivo é aportar datos para a ciencia, a divulgación e a conservación.
Os testings de biodiversidade son un xeito respetuoso de achegarse á natureza e teñen moitas posibilidades didácticas.


Queres participar?
1. Inscríbete! Manda un mail cos teus datos (nome e apelidos, domicilio e teléfono) a egonzalez(arroba)ortegalia.es e poñerémonos en contacto contigo para enviarche máis información.

2. Enfoca e … dispara! A zona do testing é o contorno da Ría de Ortigueira e Ladrido. As datas, entre o 15 e o 23 de maio.

3. Quedada! Se che gusta saír ao campo en grupo, quedaremos o sábado día 22 para facer pequenos percorridos fotográficos e celebrar o Día Internacional da Biodiversidade ao aire libre.

4. Envía as túas fotos á web de Biodiversidad Virtual para que sexan identificadas polos expertos.

5. Mostra as túas fotos! Se queres, as túas fotos formarán parte dunha exposición colectiva no Museo Ortegalia. Canta máis xente poida ver a riqueza do noso contorno, mellor!!

¿DÓNDE?


18 de Maio, Día internacional dos museos
ano 2010: "Museos para a armonía social"

Para celebrar o día internacional dos museos, a Fundación Ortegalia,  en colaboración con CAREY, (Centro Aragonés de Recursos para la Educacion Intercultural) ten programada unha exposición.

¿DÓNDE? está dirixida, fundamentamente, a nenos de primaria, e os interesados nesta actividade poden descargar da páx web de C.A.R.E.Y, unha unidade didáctica para traballar sobre ela.

Estará aberta ao público do 13 ao 21 de Maio en horario de Museo

mais información:
tef: 981 402 413
http://www.ortegalia.es/
http://www.carei.es/

viernes, 23 de abril de 2010

Xornada informativa sobre agricultura ecolóxica e consumo responsable

O vindeiro 30 de Abril ás 19:00h, no Museo Ortegalia, terá lugar unha Xornada informativa sobre agricultura ecolóxica, consumo responsable e creación de grupos de consumo en Ortigueira.
A entrada será libre e gratuíta
Organizado por "A Xoanina", cooperativa de consumo responsable.

Para máis información:
Tef: 981 42 23 71
web:http://www.cooperativaxoaninha.org

viernes, 16 de abril de 2010

22 abril - Día da Terra

O Día da Terra fai este ano o seu 40 aniversario. Os temas aos que se fai referencia nesta xornada son a toma de conciencia do mundo no que vivimos, os seus recursos naturais, o uso que se fai deles, a educación ambiental e a participación na sociedade como cidadáns ambientalmente responsables.

Uníndose á celebración do Día da Terra, a Fundación Ortegalia proxecta un documental no que se propón unha viaxe a través do planeta, ao longo das distintas estacións cos seus contrastes e as transformacións naturais para poder observar as condicións de supervivencia dalgunhas especies.

Se che interesa, pásate polo Museo Ortegalia en calquera dos 3 pases:
- Xoves 22 ás 18h
- Sábado 24 ás 12h
- Domingo 25 ás 12h



jueves, 11 de marzo de 2010

O Camiño das peregrinacións

A Fundación Ortegalia súmase á celebración do Ano Santo Compostelán 2010 coa organización do congreso "O Camiño das peregrinacións".

O obxectivo desta iniciativa é abordar o tema do Camiño de Santiago e as peregrinacións dende unha perspectiva multidisciplinar. Así, as conferencias tratarán, entre outros, temas como os ritos e lendas do Camiño, as súas orixes precristiás ou as prantas curadoras usadas polos peregrinos.


Será o sábado 27 de marzo, no Museo Ortegalia a partir das 11.30 da mañá. A asistencia é gratuíta.

O programa coas conferencias e poñentes o tedes na imaxe, premede para ampliar!

miércoles, 10 de marzo de 2010

A viaxe da auga


O 22 de Marzo de cada ano celébrase o Día Mundial da Auga. Con este motivo a Fundación Ortegalia propón o visionado dunha proxección na que seguiremos á auga na súa viaxe pola terra e descubriremos porqué é tan importante para a vida.

Se che interesa acude ao Museo Ortegalia o xoves 18 de marzo ás 19 horas.

viernes, 15 de enero de 2010

Guía de setas de Burela e a Mariña

O vindeiro venres 29 de xaneiro a experta en micoloxía
Mª Cristina García-Echave Puente presentará o seu libro
"Guía de setas de Burela e a Mariña" no Museo Ortegalia.
A cita será ás 19 horas, non o perdades!!

O longo percorrido dos insectos

A Fundación Ortegalia inaugura o 2010, declarado pola ONU como Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, cunha mostra temporal do grupo máis diverso do planeta: os insectos.


Co título “Una aventura de 350 millones de años” , esta exposición, creada pola Asociación española de Entomología, achéganos, a través das fotografías de Alberto Carrera e os textos de Pura Gamarra, Tomás López e José Mª Hernández, a estes invertebrados realizando un repaso por algúns dos factores clave da súa supervivencia e diversificación.


Poderás vela do 20 de xaneiro ao 21 de febreiro no Museo Ortegalia .