O Día da Terra fai este ano o seu 40 aniversario. Os temas aos que se fai referencia nesta xornada son a toma de conciencia do mundo no que vivimos, os seus recursos naturais, o uso que se fai deles, a educación ambiental e a participación na sociedade como cidadáns ambientalmente responsables.Uníndose á celebración do Día da Terra, a Fundación Ortegalia proxecta un documental no que se propón unha viaxe a través do planeta, ao longo das distintas estacións cos seus contrastes e as transformacións naturais para poder observar as condicións de supervivencia dalgunhas especies.
Se che interesa, pásate polo Museo Ortegalia en calquera dos 3 pases:
- Xoves 22 ás 18h
- Sábado 24 ás 12h
- Domingo 25 ás 12h

No hay comentarios:
Publicar un comentario