lunes, 12 de septiembre de 2011

Exposición "Mamíferos mariños e tartarugas na costa galega"

A exposición temporal "Mamíferos mariños e tartarugas na costa galega" permanecerá aberta ao público no Museo Ortegalia ata o 13 de outubro. A entrada é libre.

Esta mostra, elaborada polo “Museo da Natureza” da Sociedade Galega de Historia Natural, está formada por una ampla colección de cranios, maquetas e reconstrucións de distintas especies frecuentes nas nosas costas. Cada peza vai acompañada de datos acerca da bioloxía, distribución ou status de conservación da especie en cuestión.

 Cranio de balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata)

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Fotos do curso de Cetáceos

Moitas grazas a todos por asistir!!