Tras a presentación da segunda etapa de execución do proxecto “Plan de actuación sobre a flora invasora da Ría de Ortigueira e Ladrido”, a Fundación Ortegalia continúa durante todo o mes de setembro coa campaña de información e concienciación acerca dos perigos das plantas exóticas invasoras.
Se estás interesado en saber máis sobre este tema podes acudir ao seguintes Centros Sociais do Concello de Ortigueira:
- C.S. de Céltigos, o xoves 10 de setembro ás 19 horas
- C.S. de Mera de Riba, o venres 11 de setembro ás 19 horas
- C.S. de Ladrido, o mércores 16 de setembro ás 20 horas
- C.S. de San Adrián, o xoves 17 de setembro ás 20 horas
- C.S. de Mera de Baixo, o mércores 23 de setembro ás 16.30h
- C.S. de Espasante, o xoves 24 de setembro ás 20 horas
*Queda tamén á vosa disposición o poster e o tríptico da campaña, que podedes descargar picando nas imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario