Cada 2 febreiro (dende hai xa 40 anos!!) conmemoramos a data na que se celebrou a Convención sobre os Humedais (Convenio Ramsar), aproveitando a ocasión para informar e sensibilizar ao público en xeral sobre os valores dos humidais e os beneficios que nos reportan.
O lema deste ano é "Humidais e bosques" é particularmente axeitado, xa que Naciones Unidas declarou ao "2011 Ano Internacional dos Bosques". Unha oportunidade ideal para centrarse nun tipo particular de bosques, aqueles que están húmidos de cotío, como son manglares, bosques anegados, bosques turbosos...
Se queredes máis información, non vos perdades os seguintes enlaces:
De seguro vos gustará saber que a SEO vén de escoller, para ilustrar o mes de xuño na súa axenda do 2011, unha magnífica foto do muíño de mareas de Senra como representación da nosa zona Ramsar, a ría de Ortigueira e Ladrido. Os nosos parabéns para o autor!!
Lembrade que a ría de Ortigueira e Ladrido é un dos 5 humidais de importancia internacional que hai en Galicia. Cunha visita ao Museo Ortegalia poderás descubrir as principais características deste espazo natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario