O pasado 26 de xaneiro de 2011 tivo lugar no salón de actos do Museo Ortegalia unha charla conmemorativa do Día escolar pola paz e a non violencia, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
A charla ía dirixida ao alumnado do 3º ciclo de educación primaria –cursos 5º e 6º - do colexio público de Ortigueira, o CEIP José María Lage.
Foi invitado a impartir a charla Xosé María Torres, membro da ONGD Farmamundi, e que desde finais de 2005 desempeña o posto de presidente da Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento, entidade que agrupa a outras 52 entidades que traballan en Galicia en proxectos de cooperación, acción humanitaria, comercio xusto e outras actividades que teñen como obxectivo mellorar a vida das persoas que viven en paises do denominado terceiro mundo.
Xosé María dirixiu a un esixente e atento auditorio unhas palabras sobre a paz, as ONG e a solidariedade, acompañando as súas verbas cunha sinxela presentación audiovisual, na que se incluían breves videos sobre a idea de solidariedade. A charla completouse cunha rolda de preguntas, na que os alumnos amosaron o seu interese por coñecer os países visitados polo conferenciante e a vida das persoas que vivían neles.
Ao rematar, o conferenciante fixo entrega ás profesoras que acompañaban aos nenos de diverso material publicado pola Coordinadora Galega de ONGD, como guías de ONGD e unidades didácticas, así como exemplares da película “Binta e a gran idea” rodada en Senegal por UNICEF, para ser proxectada nas aulas do centro.
Dende Fundación Ortegalia queremos transmitir o apoio a esta causa e a satisfacción que nos produce poder acoller actividades dirixidas á concienciación social, en particular dos máis novos.
Dende Fundación Ortegalia queremos transmitir o apoio a esta causa e a satisfacción que nos produce poder acoller actividades dirixidas á concienciación social, en particular dos máis novos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario