
jueves, 24 de diciembre de 2009
martes, 22 de diciembre de 2009
Citas no Museo Ortegalia durante o Nadal
Xa temos postal gañadora!!
viernes, 27 de noviembre de 2009
V CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL

Dirixido a todos os nenos/as de 3 a 12 anos que queiran participar.
Só se poderá presentar unha postal por participante, que deberá ser de un tamaño non superior a un DIN 4. Calquera técnica de pintura será válida: ceras, rotuladores, acuarelas,...Non entrarán en concurso as postais que empreguen porpurina, algodóns ou outro tipo de relevos.
Todas as tarxetas recibidas, serán expostas no Museo Ortegalia e haberá un premio único para o neno/a gañador/a do concurso.
Data límite de entrega: 9 de decembro
Máis información:
Av. Francisco Santiago, 6-9
Ortigueira
Teléfono 981 402 413
martes, 3 de noviembre de 2009
Actividades "Ciencia Abella"

Ademais, en quendas ás 11.30, 13, 17 e 18 horas haberá catas de mel guiadas e prácticas de laboratorio para ver o mundo da abella dende o microscopio.
Ciencia abella é un programa de divulgación científica adicado a abella, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e emmarcado dentro da axenda da Semana da Ciencia 2009.
viernes, 23 de octubre de 2009
VII Festa dos Calabazotes

A cita é o venres 30 de outubro, ás 16.30h na Praza de Isabel II de Ortigueira. Esperámoste!!
...e non esquezades o voso calabazote!!!!
miércoles, 7 de octubre de 2009
Exposición de pegadas e outros sinais de animais terrestres

A mostra consiste nunha colección de pegadas, excrementos, egagrópilas e outros indicios de animais terrestres habituais na nosa zona co obxecto de iniciar ao público en xeral na identificación destes sinais.
As pezas foron recompiladas por Juan Ignacio Díaz da Silva, e forman parte dos fondos do Museo da Natureza da SGHN.
Aberta ao público a partir do 20 de outubro no Museo Ortegalia.
Curso de identificación de pegadas, rastros e outros sinais

Para aprender a identificar as pegadas a Fundación Ortegalia organiza un curso os días 17 e 18 de outubro no Museo Ortegalia.
O curso será impartido por Juan Ignacio Díaz da Silva, responsable do Museo da Natureza da Sociedade Galega de Historia Natural e as xornadas organizaranse do seguinte xeito:
- Sábado 17
10h - Introdución á interpretación dos indicios
12h - Obradoiro: moldes en escaiola das pegadas dos animais
16h - Descrición dos principais rastros dos mamíferos terrestres
16h - Descrición dos principais rastros dos mamíferos terrestres
18h - Visita e interpretación da exposición "Rastrexar ou o arte de ver"
- Domingo 18
10h - Saída ao campo
As inscricións faranse na Fundación Ortegalia, no T 981 402 413 ou ben no mail egonzalez(arroba)ortegalia.es
As prazas son limitadas!!
sábado, 12 de septiembre de 2009
Proxeccións de natureza para nenos

Os nenos poderan descubrir como son e como viven os animais dende cachorros ata adultos, onde habitan, o que comen ou como son as relacións coa súa familia. Ao final da proxección faranse algunhas preguntas que poñeran a proba o aprendido.
A cita será de martes a venres ás 17:30h no Museo Ortegalia.
jueves, 3 de septiembre de 2009
A ameaza silenciosa

Tras a presentación da segunda etapa de execución do proxecto “Plan de actuación sobre a flora invasora da Ría de Ortigueira e Ladrido”, a Fundación Ortegalia continúa durante todo o mes de setembro coa campaña de información e concienciación acerca dos perigos das plantas exóticas invasoras.
Se estás interesado en saber máis sobre este tema podes acudir ao seguintes Centros Sociais do Concello de Ortigueira:
- C.S. de Céltigos, o xoves 10 de setembro ás 19 horas
- C.S. de Mera de Riba, o venres 11 de setembro ás 19 horas
- C.S. de Ladrido, o mércores 16 de setembro ás 20 horas
- C.S. de San Adrián, o xoves 17 de setembro ás 20 horas
- C.S. de Mera de Baixo, o mércores 23 de setembro ás 16.30h
- C.S. de Espasante, o xoves 24 de setembro ás 20 horas
*Queda tamén á vosa disposición o poster e o tríptico da campaña, que podedes descargar picando nas imaxes.
viernes, 21 de agosto de 2009
jueves, 13 de agosto de 2009
Plan de actuación sobre a flora invasora da Ría de Ortigueira e Ladrido

Grazas á colaboración do Instituto de Desarrollo Caixanova, a Fundación Ortegalia comezou, en maio de 2009, a segunda etapa do seu “Plan de actuación sobre a flora invasora da Ría de Ortigueira e Ladrido”.
En primeiro lugar levouse a cabo unha revisión dos mapas de distribución das plantas invasoras para obter datos sobre a súa evolución dende 2008 co fin de poder planificar mecanismos específicos de control e de erradicación para cada unha das especies cartografiadas.
Iníciase agora unha campaña informativa para dar a coñecer os resultados destes traballos e concienciar á poboación da perigosidade destas especies que, xeralmente, se expanden a partir dos nosos xardíns.
Se estás interesado en saber máis sobre as plantas exóticas invasoras e o que cada un de nós podemos facer para evitar a súa expansión, non podes faltar á charla:
En primeiro lugar levouse a cabo unha revisión dos mapas de distribución das plantas invasoras para obter datos sobre a súa evolución dende 2008 co fin de poder planificar mecanismos específicos de control e de erradicación para cada unha das especies cartografiadas.
Iníciase agora unha campaña informativa para dar a coñecer os resultados destes traballos e concienciar á poboación da perigosidade destas especies que, xeralmente, se expanden a partir dos nosos xardíns.
Se estás interesado en saber máis sobre as plantas exóticas invasoras e o que cada un de nós podemos facer para evitar a súa expansión, non podes faltar á charla:
A flora exótica invasora no Ortegal
Xoves 20 de agosto ás 20.15h no Museo Ortegalia
martes, 14 de julio de 2009
ENCONTRO: NOVAS RURALIDADES NA GALIZA

MARTES 21
Sesión da mañá - Entrega de materiáis. Inauguración. As transformacións no mundo rural galego. Os novos escenarios da ruralidade: implicacións para o desenvolvemento comunitario.
Sesión da tarde - Transformacións e novas relacións sociais no espazo rural. Proxección do documental de Ignacio Vilar: "A aldea: o antigo e o novo" (2000). Mesa redonda: Medio rural galego: reinvención e desenvolvemento comunitario. Visita guiada pola vila de Ortigueira.
MÉRCORES 22
Sesión da mañá - Despoboamento rural, unha visión arqueolóxica. As vías da modernización do medio rural na Galiza moderna. A importancia dos emigrantes retornados e o seu impacto nas economías locais. Turismo e neorruralidade. Clausura do curso.
INFORMACIÓN, MATRÍCULAS E BECAS:
galiasa@uimp.es Telf.: 981 140 830 ... máis informacion
fundación@ortegalia.es Telf.: 981 402 413
lunes, 22 de junio de 2009
PLANTAS SILVESTRES COMESTIBLES
Deixamos este link con algunhas fotos das plantas recollidas durante o cursiño.
Gracias a todos por asistir!!
Gracias a todos por asistir!!
martes, 16 de junio de 2009
INTRODUCIÓN Á ASTRONOMÍA

Será o xoves 25 de xuño, ás 21:30h no Museo Ortegalia. Despois dunha breve charla desplazarémonos a Morouzos, onde terá lugar a observación.
A entrada é de balde. Agardámoste!
viernes, 29 de mayo de 2009
PLANTAS SILVESTRES COMESTIBLES

A inscrición é gratuíta e pódese facer nas oficinas da Fundación, por teléfono (981 402 413) ou ben vía mail. Os datos solicitados son: nome e apelidos, DNI, teléfono, dirección postal e mail.
Programa do curso
Martes 16: Presentación; Exposición de libros; O mundo das plantas silvestres comestibles
Mércores 17: Recetario da cociña silvestre; Obradoiro silvestre: elaboramos pasta de dentes e champaña de saúco
Xoves 18: A recollida das plantas silvestres comestibles; Construímos un herbario
Venres 19: Saída ao campo
Sábado 20: Pequeno banquete de pratos silvestres; Entrega de documentación
DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE 09

O lema deste ano 2009 é “ Tu planeta te necesita. Unidos para combatir el cambio climático”, baixo este tema proxectarase o venres 5 de xuño ás 18h no Museo Ortegalia o documental “La última hora”.
Este filme, que segue a estela dos chamados “documentais verdes” como “Una verdad incómoda”, profundiza nas catástrofes que o planeta sufre a causa da alteración do clima e presenta alternativas para mellorar a súa situación.
miércoles, 13 de mayo de 2009
martes, 12 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)