17
de maio
DÍA
DAS LETRAS GALEGAS
Xosé
María Díaz Castro, poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no
ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
Penélope.
X. M. Díaz Castro
Un
paso adiante i outro atrás, Galiza,
i
a tea dos teus sonos non se move.
A
espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran
os bois e chove.
Un
bruar de navíos moi lonxanos
che
estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro
tí envólveste en sabas de mil anos,
i
en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán
os camiños algún día
a
xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco
vai, suco vén, Xesús María!,
e
toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando
os prados coma sono,
o
Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise
enterrando, suco a suco, o Outono.
Un
paso adiante i outro atrás, Galiza!
DÍAZ
CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961.
No hay comentarios:
Publicar un comentario