Para celebrar o Día Internacional dos Museos, o vindeiro 18 de maio inaugurarase no Museo Ortegalia a exposición “Recordos da escola”. Este ano, o ICOM decidiu dedicar este día a “Os Museos e a Memoria”, baseándose en como os obxectos poden ser instrumentos para contar a Historia.
A Exposición estará aberta do 18 de maio ao 5 de xuño e poderá ser visitada no seguinte horario:
- De martes a venres: de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h. a 20:00h.
- Sábados e domingos: de 11:00h. a 14:00h.
Dende a Fundación Ortegalia queremos dar as grazas a todas as persoas que desinteresadamente colaboraron con nós, cedendo material para esta exposición
No hay comentarios:
Publicar un comentario