miércoles, 25 de mayo de 2011

Algas Mariñas de Galicia


Baixo o título ALGAS MARIÑAS DE GALICIA: IDENTIFICACÍÓN. PROPIEDADES. USOS NA SAÚDE E NA GASTRONOMÍA, a Fundación Ortegalia organiza, na fin de semana do 10 ao 12 de xuño, a 2ª edición deste curso.

A programación de contidos é a seguinte:

Venres tarde: Introdución ás algas.
> Bioloxía e ecoloxía das algas. Algas representativas do litoral Galego
> Algas comestibles en Galicia, uso culinario e como conservalas
> Propiedades terapéuticas e nutricionais das algas
> Como planexar unha saída ó intermareal
> Aprendendo a preparar un algario

Sábado mañá: As algas na talasoterapia. Aplicacións para a saúde e o benestar.
> Propiedades terapéuticas e cosméticas das algas. Aplicacións para talasoterapia.
> Preparación de emplastos, xeles, xabóns e mascarillas a base de algas.

Sábado tarde: Saída ó intermareal*.

> Explicación in situ e recollida de algas. Identificación de cintos algais
> Preparación de mostras e plegos. Identificación con guías

Domingo mañá: Seguindo co prensado e preparado e degustación de makis e sushis: cociña con algas: Cociña creativa de makis e “susiños” á galega


Ao cargo das xornadas estarán os mesmos profesores que na anterior ocasión:  Xacobo De Toro -experto en bioloxía mariña-  e María García del Río -artesana xaboneira e de cosmética natural-

O custe de inscrición, que inclúe a documentación do curso e os materiais para os obradoiros, son 40 € e tedes ata o 7 de xuño para apuntarvos. As prazas son limitadas!!

Para matricularvos ou pedir máis información podedes contactar con nós no teléfono 981402413 ou vía mail egonzalez(arroba)ortegalia.es

Lembrade!

Datas: 10, 11 e 12 de Xuño
Lugar: Fundación Ortegalia. Ortigueira
Inscrición: 40 €. Aberta ata o 7 de xuño
Información: Fundación Ortegalia
Avda Francisco Santiago 6-9
15330 Ortigueira
T 981 402 413
egonzalez(arroba)ortegalia.es



*Nota: A saída farase en coches particulares

No hay comentarios:

Publicar un comentario