viernes, 27 de mayo de 2016

XORNADA DE LIMPEZA DE PRAIAS

Esta mañá, levamos a cabo a II Xornadas medioambientais de limpeza de praias na que participaron máis de 150 nen@s de Educación Infantil e 5º e 6º de Educación Primaria do Ceip José Mª Lage.
Empezamos a xornada cunha conferencia impartida por Fran Nieto que nos falou da problemática do lixo que chega oa mar. A continuación, interviron @s nen@s de 5 anos que, co seu profesor Basi, fixeron un traballo que leva por título "Protexemos a praia", no que estudaron a problemática da contaminación nas praias, as especies invasoras e as autóctonas e nos amosaron unha curtametraxe feita por eles en "stop motion", sobre este tema. Para rematar, dirixímonos a Morouzos e recollemos o lixo que fomos atopando no areal.
Moitísimas grazas a tod@s @s nen@s que participáchedes e por suposto, ós seus profesores e profesoras.











No hay comentarios:

Publicar un comentario