viernes, 29 de abril de 2016

29 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

29 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
O Día Internacional da Danza ten como obxectivo o de captar a atención dun número crecente de persoas, para que se somen a este tipo de arte. Foi instituído no ano 1982 polo Comité de Danza do Instituto Internacional do Teatro da Unesco, a proposta do Piepor Gusev. Este mestre ruso quixo render unha homenaxe ao coreógrafo francés Jean Georges Noverre, nacido un 29 de abril do ano 1727 e considerado creador do ballet moderno.

Ilustra esta publicación unha imaxe da micropeza de danza realizada por Fran Riveiro, o pasado mes de febreiro, no Museo Ortegalia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario