DEBUXACIÓNS, de Fran Riveiro
Do 5 ao 29 de febreiro no ESPAZO ARTEGALIA
MUSEO ORTEGALIA
Esta mañá déronse os últimos retoques á montaxe expositiva do artista compostelán Fran Riveiro, que poderá ser visitada desde mañá ata o 29 de febreiro, no Espazo Artegalia.
Fran Riveiro defínese como un artesán do debuxo....
Conserva unha foto con dous anos e medio de idade na que aparece cun lapis na boca e mirando ao infinito pensando en algo que plasmar e dende entón non parou de facelo.
Co paso dos anos, un elemento común comeza a unir todas as pezas, facéndose moi sinxelo identificar o seu estilo persoal mentres continúa coas investigacións cos soportes, o debuxo, os materiais, o estudo do urbanismo utópico ou real...
O debuxo nace, brota coma unha chispa nun circuíto eléctrico e flúe ate que nalgún punto decide que xa está rematado.
“O debuxo, ao meu entender, está vivo, late mentres está en proceso, e volve latir en canto se volve a ollar con atención”.
Imparte cursos de debuxo para debuxantes de cómic e ilustración, traballa como modelo de debuxo en escolas de artes e oficios de Madrid, onde aprende a reflexionar sobre a observación da realidade previa ao trazo. Tamén imparte obradoiros de iniciación ao debuxo, debuxo expresivo, creación espontánea ou storyboards, ademais de conseguir a carta de artesán na modalidade de debuxo.
Traballa en soportes como papel, cartón, madeira, cristal, tea, metal... e incluso chega a utilizar o audiovisual ou deseñar debuxos para tatuaxes. O grafito, a tinta, a acuarela, o óleo, pastel, acrílico e incluso elementos de collage conforman parte da materia prima das súas creacións.
Realiza exposicións en diversos espazos:
Hervor Fervor Bar, Bar Pampín, CC Los Rosales, Cidade da cultura de Galicia, Museo Fundación Ortegalia...
Continúa a crear diariamente por amor á arte, sen abandonar nunca a curiosidade e a investigación neste campo.
jueves, 4 de febrero de 2016
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario