domingo, 17 de mayo de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015 - XOSÉ F. FILGUEIRA VALVERDE





Xosé Fernando Filgueira Valverde (Pontevedra, 28 de outubro de 1906 - Pontevedra, 13 de setembro de 1996) foi un escritor, intelectual, investigador, erudito e crítico español en lingua galega e castelá. No ámbito intelectual galego, coñécese co sobrenome de "O vello profesor".

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega.

Ten unha obra moi extensa, tanto científica coma literaria, que supera os trescentos títulos entre libros e folletos, máis de mil artigos en xornais e revistas e máis de 1.600 conferencias.

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2015 polo seu traballo divulgativo a favor da lingua e da cultura gallega.


Aquí deixámosvos algúns enlaces para coñecer un pouco máis a súa vida e obra:

https://www.youtube.com/watch?v=t0wSg33fcT0

http://filgueiravalverde.gal/



No hay comentarios:

Publicar un comentario