MESA REDONDA SOBRE O PROXECTO DE CREACIÓN DO XEOPARQUE DO CABO ORTEGAL
SÁBADO 2 DE MAIO, ÁS 12:00H.
MUSEO ORTEGALIA
A mesa redonda dividirase en dúas partes, unha primeira na que os diferentes poñentes farán unha breve exposición de aspectos importantes do proxecto e un posterior debate.
Relatores:
Francisco Canosa Martínez, Doutor en Xeoloxía e autor do proxecto.
Rafael López Loureiro, profesor e naturalista.
Belén Pérez Pérez, presidenta da Asoc. Amigos do parque xeolóxico de Cabo Ortegal” e membro de AEPECT
Francisco Canosa, xeólogo e alma mater do proxecto, explicará que sinifica a figura de Xeoparque e, posteriormente, fará unha introdución á xeoloxía do Complexo de Cabo Ortegal para amosar a importancia científica deste territorio.
Rafael López falará das especies botánicas máis valiosas desta bisbarra e do seu estado de conservación. Nun breve paseo pola botánica rara ou moi escasa asociada ao Complexo de Cabo Ortegal, xustificará a catalogación de “importancia excepcional para o mantemento da biodiversidade” que lle concedeu o Ministerio de Medio Ambiente á Costa Ártabra.
Belén Pérez falará doutro dos piares dos xeoparques, o desenvolvemento integral sostible. Analizará o potencial da marca “Xeoparque” como motor económico dun territorio e mostrará exemplos de iniciativas dentro do marco do desenvolvemento rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario