Todas as tarxetas recibidas serán expostas durante o Nadal no Museo Ortegalia e a gañadora recibirá un premio único e será utilizada como tarxeta de felicitación da Fundación Ortegalia.
Só se poderá presentar unha postal, dun tamaño non superior a un DIN A4. Calquera técnica de pintura será válida. Non entrarán a concurso as postais que empreguen modelos por ordenador ou calquera outro tipo de relevos. Haberá que indicar no reverso: nome completo, idade e teléfono de contacto.
Lugar de entrega: na conserxería do Ceip Xosé Mª Laxe ou no Museo Ortegalia.
Data límite: 10 de decembro
Animádevos a participar!
Para máis información:
Fundación Ortegalia- Tel.: 981 40 24 13
No hay comentarios:
Publicar un comentario