“As especies exóticas invasoras son a segunda causa de extinción de
especies e o segundo problema ambiental que afecta á Biosfera en termos
globais”
(Williamson, 1996; Devine, 1998; Mack et al., 2000; IUCN,
2000)
Se che interesa saber máis sobre este tema, podes asistir á charla que
terá lugar o vindeiro venres 20 de xullo ás 11.30h no Museo Ortegalia. Falaremos
do Proxecto de
intervención sobre a flora invasora do Ortegal no que a
Fundación Ortegalia leva traballando dende 2008, identificando as especies máis
problemáticas da comarca e as medidas que podemos tomar pra frear a súa
expansión.
Lembra, o venres 20 ás 11.30 no Museo Ortegalia. A entrada é
libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario