viernes, 17 de febrero de 2012

Curso de Astronomía


A Fundación Ortegalia organiza, en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da Universidade de Santiago de Compostela, un cursiño de Astronomía.

O programa do curso inclúe, para o venres, unha sesión introdutoria e a observación das estrelas e constelacións coa axuda de planisferios.

O sábado faremos unha observación solar, aproveitando que este ano está nun máximo da súa actividade, ademais dunha observación nocturna con telescopios astronómicos.
 

Terá lugar no Museo Ortegalia, os días 2 e 3 de marzo.

>> Venres 2
17-19h. Sesión teórica
19.30 – 21h. Obradoiro de planisferios
22 – 23.30h Observación (aparcadoiro Morouzos)

>> Sábado 3
16-18h. Sesión teórica
18.30 – 20h. Observación solar
20.30 – 22h. Observación (aparcadoiro Morouzos)


As prazas son limitadas e o prezo de inscrición é 5 €.

Podedes apuntarvos ata o xoves 1 de marzo en:

Fundación Ortegalia
T. 981 402 413
Avda Francisco Santiago 6-9
15.330 Ortigueira
egonzalez(arroba)ortegalia.es