martes, 31 de enero de 2012

Día Mundial dos Humidais 2012

O 2 de febreiro de cada ano conmemoramos a data da Convención sobre os Humidais, que tivo lugar en 1971 na cidade iraní de Ramsar, e aproveitamos esta oportunidade para aumentar a sensibilización do público xeral sobre o valor dos humidais e os beneficios que nos reportan.


O tema para 2012 é Humidais e turismo. O turismo ben manexado pode aportar importantes beneficios tanto económicos como ambientais, grazas aos ingresos e ao emprego xerados. Porén, o continuo aumento da presión humana sobre estes ecosistemas tan fráxiles sen uns controis axeitados pode ter efectos negativos.



A Ría de Ortigueira e Ladrido é un dos 5 humidais de importancia internacional que hai en Galicia. Dende o Museo Ortegalia queremos dar a coñecer os seus valores e a importancia de converterse en “turistas responsables”, avogando polo respecto ao patrimonio natural e cultural de cada zona.