En 1993, as Nacións Unidas declararon o 22 de marzo como o Día Mundial da Auga, co obxectivo de fomentar a conservación dos recursos hídricos e a posta en práctica da Axenda 21.
O lema escollido para este ano é Auga para as cidades: respondendo ao desafío urbano, co gallo de centrar a atención no enorme impacto que a industrialización, o cambio climático, os conflitos e os desastres naturais teñen sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga.
Por primeira vez na historia da humanidade, a maioría da poboación mundial vive nas cidades, uns 3.300 millóns de persoas!. E o número segue a crecer, xa que cada segundo, a poboación urbana aumenta 2 persoas, un ritmo moito maior que a capacidade de adaptación das infraestruturas.
Na actualidade 1 de cada 4 cidadáns vive sen acceso a unhas instalacións melloradas de saneamento, o que pode causar enfermidades como a cólera, a diarrea ou a malaria. As cidades non poden considerarse sostibles se non garanten o acceso a auga.
Maís información.
viernes, 11 de marzo de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario