lunes, 25 de noviembre de 2013

IX CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Dirixido a nenos/as de ata 12 anos.
A técnica será libre, pero non se utilizarán deseños por ordenador, nin con texturas (algodón, purpurina,...)
Data límite de entrega: 10 de decembro.

 
Todas as tarxetas recibidas serán expostas durante o Nadal no Museo Ortegalia e a gañadora será utilizada como postal de Nadal da Fundación Ortegalia. Así mesmo, haberá un premio único para o neno/a gañador/a do concurso.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

TURISMO ORNITOLÓXICO NA COMARCA DO ORTEGAL


V Xornadas Ornitolóxicas da FUNDACIÓN ORTEGALIA
30 de Novembro de 2013 – 1 de decembro 2013
TURISMO ORNITOLÓXICO NA COMARCA DE ORTEGAL

Relator: Cosme Damián Romay Cousido (licenciado en Bioloxía pola USC, Diploma de Estudos Avanzados pola UDC, empregado de Terranova, S. L.; membro do Grupo Naturalista Hábitat, Sociedade Galega de Ornitoloxía e Sociedad Española de Ornitología).

Sábado 30 de novembro de 2013
10:00 h – Recepción no Museo Ortegalia.
10:15 h – CHARLA 1: A natureza de Ortegal: conservación e aproveitamento turístico sustentable (45 min).
11:10 h – CHARLA 2: Aves comúns da comarca de Ortegal: interese turístico (45 min).
12:00 h – Saída ao porto de Ortigueira. Café.
13:15 h – CHARLA 3: Experiencias de turismo ornitolóxico en Galicia, España e no mundo (45 min).

17:00 h – MESA REDONDA: O meu establecemento e o turismo ornitolóxico: un mundo de oportunidades (120 min)
19:00 h – Pausa.
19:30 h – CHARLA 4: Manual de boas prácticas no turismo ornitolóxico (45 min)
20:20 h – Conclusións e peche da xornada.

Domingo 1 de decembro de 2013
09:00 h – XORNADA DE CAMPO: Lugares de interese ornitolóxico. Partindo de Ortigueira cun mínimo número de coches, visitarase: Landoi, Garita Herbeira, cabo Ortegal, porto e praia de Cariño, Sismundi, San Claudio, A Senra, Ladrido e Estaca de Bares.
14:00 h – Remate do curso.

martes, 5 de noviembre de 2013

MACIÑEIRA E O SEU TEMPO

Venres 22 de novembro, ás 20:30h., no Teatro de Beneficencia
Mesa redonda: Maciñeira e o seu tempo
Participan:
Vicente Peña Saavedra
Emilio Grandío Seoane
Vanesa Trevín Pita
Anxo Rosende Fernández

jueves, 24 de octubre de 2013

FACENDO COMARCA... E TI QUE FAS NO ORTEGAL?

FACENDO COMARCA... E TI QUE FAS NO ORTEGAL?
Comparte e difunde os teus proxectos e iniciativa na comarca do Ortegal.
13 de novembro 2013
19:00h.
Museo Ortegalia


miércoles, 23 de octubre de 2013

XI FESTA DOS CALABAZOTES

XI FESTA DOS CALABAZOTES
Invitámosvos a tod@s a participar, o xoves 31 de outubro, na XI Festa dos Calabazotes.

miércoles, 16 de octubre de 2013

Dende as pescudas modernistas de Maciñeira á arqueoloxía contemporánea en Galicia

O venres 25 de outubro, ás 20:30h., o historiador Felipe-Senén López Gómez impartirá, no Museo Ortegalia, a conferencia "Dende as pescudas modernistas de Maciñeira á arqueoloxía contemporánea en Galicia"
A partir desa mesma data e ata o 30 de novembro estará aberta ao público a exposición "Achados arqueolóxicos do Ortegal", colección particular de Xosé Carlos Breixo Rodríguez.



VISITAS DIDÁCTICAS

ORTEGALIA Á TÚA MEDIDA
Visitas didácticas 2013-2014

Dende a Fundación Ortegalia levamos traballando máis de 13 anos na posta en valor e difusión do patrimonio cultural e ambiental do Ortegal e contamos cunha nutrida experiencia na realización de actividades didácticas, adaptadas pedagoxicamente a diferentes grupos de poboación.
As visitas deseñadas permiten dar a coñecer dunha forma lúdica e interactiva un determinado momento histórico, un elemento etnográfico ou o medio natural.
Esperamos que as propostas presentadas sexan do voso interese e que vos animedes a visitar a nosa bisbarra.