jueves, 11 de marzo de 2010

O Camiño das peregrinacións

A Fundación Ortegalia súmase á celebración do Ano Santo Compostelán 2010 coa organización do congreso "O Camiño das peregrinacións".

O obxectivo desta iniciativa é abordar o tema do Camiño de Santiago e as peregrinacións dende unha perspectiva multidisciplinar. Así, as conferencias tratarán, entre outros, temas como os ritos e lendas do Camiño, as súas orixes precristiás ou as prantas curadoras usadas polos peregrinos.


Será o sábado 27 de marzo, no Museo Ortegalia a partir das 11.30 da mañá. A asistencia é gratuíta.

O programa coas conferencias e poñentes o tedes na imaxe, premede para ampliar!

miércoles, 10 de marzo de 2010

A viaxe da auga


O 22 de Marzo de cada ano celébrase o Día Mundial da Auga. Con este motivo a Fundación Ortegalia propón o visionado dunha proxección na que seguiremos á auga na súa viaxe pola terra e descubriremos porqué é tan importante para a vida.

Se che interesa acude ao Museo Ortegalia o xoves 18 de marzo ás 19 horas.

viernes, 15 de enero de 2010

Guía de setas de Burela e a Mariña

O vindeiro venres 29 de xaneiro a experta en micoloxía
Mª Cristina García-Echave Puente presentará o seu libro
"Guía de setas de Burela e a Mariña" no Museo Ortegalia.
A cita será ás 19 horas, non o perdades!!

O longo percorrido dos insectos

A Fundación Ortegalia inaugura o 2010, declarado pola ONU como Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, cunha mostra temporal do grupo máis diverso do planeta: os insectos.


Co título “Una aventura de 350 millones de años” , esta exposición, creada pola Asociación española de Entomología, achéganos, a través das fotografías de Alberto Carrera e os textos de Pura Gamarra, Tomás López e José Mª Hernández, a estes invertebrados realizando un repaso por algúns dos factores clave da súa supervivencia e diversificación.


Poderás vela do 20 de xaneiro ao 21 de febreiro no Museo Ortegalia .

jueves, 24 de diciembre de 2009

martes, 22 de diciembre de 2009

Citas no Museo Ortegalia durante o Nadal

Destinados aos máis pequenos da casa a Fundación Ortegalia proxectará este Nadal 4 documentais de natureza sobre a vida dos animais.

Serán os seguintes días: martes 29 e mércores 30 de decembro e xoves 7 e venres 8 de xaneiro.

No museo Ortegalia ás 17.30h. Non os podes perder!!

Xa temos postal gañadora!!

Todas as postais recibidas para o V Concurso de postais de Nadal da Fundación Ortegalia estarán expostas no Museo Ortegalia a partir do mércores 23 de decembro.

A gañadora deste ano foi Alma Díaz Rivero de 11 anos de idade.

Noraboa!! Agardamos que desfrutes do teu agasallo!!