martes, 26 de enero de 2016

26 de xaneiro, Día Mundial da Educación Ambiental

A orixe deste día foi en 1975, ano en que se celebrou en Belgrado o Seminario Internacional de Educación Ambiental, no que participaron expertos de máis de 70 países.
No devandito evento establecéronse os principios da educación ambiental no marco dos programas das Nacións Unidas. Como resultado publicouse a Carta de Belgrado, na cal se plasman as reivindicacións fundamentais e os principais obxectivos da educación ambiental.


domingo, 24 de enero de 2016

DEBUXACIÓNS: EXPOSICIÓN DE FRAN RIVEIRO



O vindeiro 5 de febreiro inauguramos nova exposición no Espazo Artegalia- Museo Ortegalia.
A mostra leva por título DEBUXACIONS e o seu "creador" e Fran Riveiro Calviño.
Fran Riveiro Calviño nace en Santiago de Compostela no ano 1979.
Fórmase en artes escénicas (teatro e danza), dobraxe, produción audiovisual, crítica cinematográfica...; pero mantén unha constante coa creación pictórica. Tras anos de formación e investigación autodidacta, consegue a carta de artesán na modalidade de debuxo.
No 2015 abre "Toxoa", un espazo que aglutina o conxunto dunha obra de máis de quince anos, e que pretende seguir creando de maneira artesanal.
Realiza exposicións en diferentes espazos, creando performances ou intervencións artísticas, así como ofrece unha formación en debuxo e creación expontánea


A exposición poderase visitar no Museo Ortegalia do 5 ao 29 de febreiro


RÍA DE ORTIGUEIRA E LADRIDO, SITIO RAMSAR


Con motivo da celebración do Día Mundial dos Humidais, o martes 2 de febreiro inauguraremos no Museo Ortegalia a exposición de produción propia "Ría de Ortigueira e Ladrido, Sitio Ramsar" que estará aberta ao público ata o 13 de marzo.

A mostra ofrece información sobre este humidal, declarado de importancia internacional hai máis de 25 anos.



martes, 19 de enero de 2016

UNIDADE E DIVERSIDADE DA INDIA

Por mediación da Concellería de Cultura e no marco da exposición "Mirada India" de Rosa Sallent, o pasado xoves tivemos o privilexio de participar, no Museo Ortegalia, nunha interesantísima análise cirúrxica da sociedade india e das sorpredentes similitudes entre o país asiático e España, da man do antropólogo político Max-Jean Zins.



ORTEGANOS ILUSTRES

O pasado venres presentouse no Museo Ortegalia o libro de J. Manuel Suárez Sandomingo, ORTEGANOS ILUSTRES.
Aquí deixámosvos unhas fotos do acto e o enlace para poder ler a entrevista que lle fan hoxe ao autor na Voz de Galicia.
http://www.lavozdegalicia.es/…/libr…/0003_201601F17C8991.htm

CURSO DE CESTERÍA

Compartimos convosco unhas imaxes do CURSO DE CESTERÍA E DE ELABORACIÓN DE ESTRUTURAS VEXETAIS EN SALGUEIRO VIVO que tivo lugar onte no Museo Ortegalia.
Grazas a tod@s @s que participastes!




jueves, 7 de enero de 2016

ORTEGANOS ILUSTRES

O vindeiro venres 15 de xaneiro, ás 20:00h, terá lugar no Museo Ortegalia a presentación do libro ORTEGANOS ILUSTRES, de José Manuel Suárez Sandomingo.

"UNIDADE E DIVERSIDADE DA INDIA"


Conferencia a cargo de Max- Jean Zins. Profesor ad honorem na Universidade de Santiago de Compostela e director de investigación honorario no CNRS e na Universidade da Sorbona de París.
Xoves 14 de xaneiro, 20:00h.

Esta conferencia impártese en relación á exposición de Rosa Sallent "Mirada India" que estará vixente ata o 22 de xaneiro no Museo Ortegalia.



domingo, 3 de enero de 2016

DÍA A DÍA, NO SILENCIO

Do 15 ao 31 de xaneiro, poderedes visitar no Espazo Artegalia a exposición de fotografía "Día a día, no silencio" de Javier Bayolo.
"Día a día, no silencio" é a mensaxe de esperanza de Javier Bayolo, a súa visión persoal sobre un tema que nos afecta a todos e a todas: a violencia de xénero.


sábado, 2 de enero de 2016

EXPOSICIÓN DE POSTAIS DE NADAL

Non vos esquezades de que, ata o 10 de xaneiro, podedes visitar no Museo Ortegalia a exposición temporal de postais de Nadal deseñadas pol@s alumn@s do CEIP José María Lage.


CURSO DE CESTERÍA E DE ELABORACIÓN DE ESTRUTURAS VEXETAIS EN SALGUEIRO VIVO


Curso teórico-práctico sobre o cultivo e colleita do salgueiro, realización de estruturas en vivo e de elaboración de cestos.



INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
Museo Ortegalia
Avda. Francisco de Santiago, 9
15330 Ortigueira
Tel.: 981402413
e-mail: fundacion@ortegalia.es / museo@ortegalia.es
Importe matrícula: 3,00 €
PRAZAS LIMITADAS