Galicia presenta unha das comunidades de cetáceos máis importantes de Europa. Porén, a supervivencia destas especies enfrontase con múltiples ameazas.
Do 31 de agosto ao 2 de setembro, a Fundación Ortegalia acollerá o curso da Universidade Menéndez Pelayo Os cetáceos. Bioloxía, conservación e ameazas, que se centrará na realidade deste grupo de animais, os métodos de estudo, a súa interacción co home e a problemática da súa conservación.
O curso conta, ademais, con 2 actividades complementarias:
- Saída ao cabo Estaca de Bares para o avistamento de cetáceos dende a estación ornitolóxica. Esta zona foi declarada Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral e forma parte da Rede Natural 2000. A súa situación xeográfica, ao extremo norte da Península Ibérica, fai dela o lugar idóneo para a observación de mamíferos e aves mariñas.
Dende aquí pódense observar varias especies de cetáceos que transitan ou buscan alimento.
- A exposición Mamíferos mariños e tartarugas elaborada polo “Museo da Natureza” da Sociedade Galega de Historia Natural. Ampla colección de cranios, maquetas e reconstrucións de distintas especies frecuentes nas nosas costas. Cada peza vai acompañada de datos acerca da bioloxía, distribución e estado de conservación da especie en cuestión, o que fai desta mostra unha engrenaxe básica para o desenvolvemento do curso.