miércoles, 5 de octubre de 2016

MUSEO ORTEGALIA - PUNTO DE RECOLLIDA DE MATERIAL PARA OS ANIMAIS ABANDONADOS

Desde a Fundación Ortegalia queremos agradecer a vosa participación a tod@s @s que asististes á actividade de onte "Loitando por eles", mostrando a vosa sensibilidade polos animais en busca de fogar e necesitados de axuda. Especialmente, gustaríanos transmitir o noso agradecemento á Asociación Pegadas Solidarias e a Animales Ortegal, así como a todos aqueles que, como Belén Galdo, colaboran de forma totalmente altruísta con eles. Nosos máis sinceros parabéns polo voso traballo.
Ademais, informámosvos de que acaba de instaurarse, no Museo Ortegalia, un punto de recollida de donativos para ambas entidades e de material para o refuxio das Pontes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario