jueves, 31 de marzo de 2016

ÁREAS E PUNTOS DE INTERESE XEOLÓXICO. CAMIÑANDO CARA A CANDIDATURA DE XEOPARQUE


Os vindeiros 9 e 10 de abril celebraremos as III Xornadas Xeolóxicas da Costa Norte, nesta ocasión dedicadas ao coñecemento das áreas e puntos de interese xeolóxico máis destacados do noso territorio.
A actividade estará impartida un ano máis polo xeólogo Francisco Canosa Martínez, un dos principais promotores do Proxecto de Xeoparque de Cabo Ortegal.
PROGRAMA:
SÁBADO 9 DE ABRIL
10:00H.-14:00H. Visita xeolóxica a Coucepenido-Moles, Mera e Ría de Ortigueira.
DOMINGO 10 DE ABRIL
10:00H.-14:00H. Visita xeolóxica a Espasante, Litoral de Loiba e Costa Xuncos.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
MUSEO ORTEGALIA - FUNDACIÓN ORTEGALIA
Avda. Francisco de Santiago, 6 e 9
15330 Ortigueira
Tel.: 981402413
E-mail: fundacion@ortegalia.es / museo@ortegalia.es
Matrícula: 5,00 €
Prazas limitadas

domingo, 20 de marzo de 2016

A PRENSA NA ESCOLA

Esta semana recibimos no Museo Ortegalia unha visita do CEIP José María Lage. Os rapaces e rapazas escoitaron unha conferencia sobre a prensa na escola, impartida por Vanesa Trevín, e tiveron a oportunidade de exercer de periodistas, organizándose por grupos para facer entrevistas.


viernes, 18 de marzo de 2016

VISITA DO CEIP DE MOECHE

Esta mañá, @s nen@s de infantil e primaria do CEIP San Ramón de Moeche, acompañados das súas mestras, visitaron o Museo Ortegalia. A través do percorrido guiado, coñeceron un pouquiño máis da prehistoria e historia da nosa contorna e do seu concello, Moeche.
Moitas grazas pola vosa visita!


miércoles, 16 de marzo de 2016

A PÍLLARA DAS DUNAS

PÍLLARA DAS DUNAS
O 15 de marzo considérase a data de inicio da tempada reprodutora da píllara das dunas ou chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus), unha especie vulnerable en Galicia.
Deixámosvos este enlace no que nos aconsellan unha serie de comportamentos para non perxudicar a esta pequena ave que aniña nas dunas:
http://blogueiros.axena.org/2016/03/15/chorlitejo-patinegro-charadrius-alexandrinus-guia-para-evitar-su-extincion-en-galicia/

 
 

martes, 15 de marzo de 2016

HISTORIA DO LÚPULO EN GALICIA

Lembrámosvos de que, ata o 6 de maio, podedes visitar no Museo Ortegalia a exposición "Historia do Cultivo do Lúpulo en Galicia".
Solicitamos a vosa colaboración para documentar o cultivo do lúpulo en Ortigueira. Resultaríanos de gran utilidade que nos achegárades calquera tipo de documentación ou fotografías sobre o tema. Moitas grazas.



miércoles, 9 de marzo de 2016

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DO GRUPO BAZÁN


Inauguramos nova exposición no Museo Ortegalia- Espazo Artegalia.
A mostra que leva por título "OBJETIVO FERROL 2.0" é un traballo conxunto de 20 fotógrafos, integrantes do "Grupo Bazán", que reflicten Ferrol e a súa comarca a través dos seus obxectivos.
A cita será o vindeiro venres, 18 de marzo e poderá ser visitada no Museo Ortegalia ata o 24 de abril.

Para coñecer máis de cerca o traballo do "Grupo Bazán", deixámosvos o seguinte enlace: http://fotografiagrupobazan.blogspot.com.es/



martes, 8 de marzo de 2016

O LÚPULO, O OURO VERDE

O LÚPULO, O OURO VERDE

Algúns datos:

- No 1946, comézase a difundir o cultivo do lúpulo en Galicia.

- O primeiro municipio en cultivalo foi o de Betanzos, extendéndose logo por outros concellos, entre eles Ortigueira.

 - Galicia, nos anos 60, foi a maior produtora de lúpulo de España.


- Actualmente en España só se produce o 60% da demanda das cervexeiras.


- Para cubrir esta demanda, en España sería preciso plantar unhas 500 hectáreas novas da planta.


Para saber máis, non vos perdades a charla deste venres de Belén Matilla de LUTEGA, cooperativa constituída en 2008 en Betanzos e que está dedicada ao cultivo do lúpulo.

VENRES 11 DE MARZO
20:00 H.
MUSEO ORTEGALIA
ACTIVIDADE GRATUÍTA

 

PEZA DO MES DE MARZO: CÁMARA MEGALÍTICA DA NECRÓPOLE DE FORNO DOS MOUROS



jueves, 3 de marzo de 2016

A REIMPLANTACIÓN DO CULTIVO DO LÚPULO EN AS MARIÑAS

Conferencia a cargo de Mª Belén Matilla Cortés, Interventora en LUTEGA Sociedad Cooperativa Gallega.
Inauguración no Museo Ortegalia- Espazo Artegalia II, da exposición que leva por título "Historia do cultivo do lúpulo en Galicia".
Venres, 11 de marzo
20:00h
Museo Ortegalia



EXPOSICIÓN " OLLANDO NA NÉBOA" DE Mª VICTORIA DÍAZ CASTAÑEIRA E MARTÍN BELVISI

Recordámosvos que dende hoxe podedes visitar no Museo Ortegalia- Espazo Artegalia a exposición conxunta de Mª Victoria Díaz Castañeira e Martín Belvisi.

A mostra que leva por título "Ollando na néboa", estará exposta no Museo Ortegalia ata o 16 de marzo.

Martin Belvisi:

Nace en Buenos Aires.

Desenvolve a súa carreira profesional de Matemáticas & Estadística aplicada o mercado de capitais en Londres.

A súa obra fotográfica vai paralela a súa afición polas viaxes e a navegación, en lugares tan diversos como: o Polo Norte a Antártida, Canadá, África, Medio Oriente, Vietnam, Camboia, Europa do Este, Georgia ou Armenia.

É membro da " Royal Geographical Society "entidade que inspira a súa obra "Gentes & Lugares" á que pertence esta serie de Rwanda.

Actualmente reside en Cascais.




miércoles, 2 de marzo de 2016

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN "DEBUXACIÓNS"

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN "DEBUXACIÓNS"
Onte pola noite puidemos desfrutar, no Museo Ortegalia, dun espectáculo global de danza, imaxe e son, da man de Fran Riveiro quen contou coa colaboración de Manu Lago.