miércoles, 25 de mayo de 2011

Algas Mariñas de Galicia


Baixo o título ALGAS MARIÑAS DE GALICIA: IDENTIFICACÍÓN. PROPIEDADES. USOS NA SAÚDE E NA GASTRONOMÍA, a Fundación Ortegalia organiza, na fin de semana do 10 ao 12 de xuño, a 2ª edición deste curso.

A programación de contidos é a seguinte:

Venres tarde: Introdución ás algas.
> Bioloxía e ecoloxía das algas. Algas representativas do litoral Galego
> Algas comestibles en Galicia, uso culinario e como conservalas
> Propiedades terapéuticas e nutricionais das algas
> Como planexar unha saída ó intermareal
> Aprendendo a preparar un algario

Sábado mañá: As algas na talasoterapia. Aplicacións para a saúde e o benestar.
> Propiedades terapéuticas e cosméticas das algas. Aplicacións para talasoterapia.
> Preparación de emplastos, xeles, xabóns e mascarillas a base de algas.

Sábado tarde: Saída ó intermareal*.

> Explicación in situ e recollida de algas. Identificación de cintos algais
> Preparación de mostras e plegos. Identificación con guías

Domingo mañá: Seguindo co prensado e preparado e degustación de makis e sushis: cociña con algas: Cociña creativa de makis e “susiños” á galega


Ao cargo das xornadas estarán os mesmos profesores que na anterior ocasión:  Xacobo De Toro -experto en bioloxía mariña-  e María García del Río -artesana xaboneira e de cosmética natural-

O custe de inscrición, que inclúe a documentación do curso e os materiais para os obradoiros, son 40 € e tedes ata o 7 de xuño para apuntarvos. As prazas son limitadas!!

Para matricularvos ou pedir máis información podedes contactar con nós no teléfono 981402413 ou vía mail egonzalez(arroba)ortegalia.es

Lembrade!

Datas: 10, 11 e 12 de Xuño
Lugar: Fundación Ortegalia. Ortigueira
Inscrición: 40 €. Aberta ata o 7 de xuño
Información: Fundación Ortegalia
Avda Francisco Santiago 6-9
15330 Ortigueira
T 981 402 413
egonzalez(arroba)ortegalia.es



*Nota: A saída farase en coches particulares

lunes, 23 de mayo de 2011

Butaca Verde 2011



Para celebrar que o 5 de xuño é o Día Mundial do Medioambiente 2011, durante esa semana poderase ver no Museo Ortegalia un ciclo de cine ambiental para todos os públicos.

Os documentais pertencen á iniciativa Butaca Verde do CEIDA, que ten o obxectivo de fomentar e facilitar a realización de actividades de carácter ambiental e provocar, con elas, a reflexión necesaria na cidadanía sobre o noso estilo de vida e sobre a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables con nós e co planeta.

A entrada é de balde, apuntade os días e as horas!

- Tukki, La huella ambiental - proxectarase o martes 31 de maio ás 18 h e o domingo 5 de xuño ás 12h

- Manual de uso para una nave espacial- proxectarase o mércores 1 de xuño ás 18 h e o sábado 4 de xuño ás 12h

- Reinventemos el pueblo- proxectarase o xoves 2 de xuño ás 18 h e o venres 3 de xuño ás 18h



Podedes atopar máis información sobre os documentais neste enlace.

miércoles, 11 de mayo de 2011

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2011 "MUSEOS E MEMORIA"

     Para celebrar o Día Internacional dos Museos, o vindeiro 18 de maio inaugurarase no Museo Ortegalia a exposición “Recordos da escola”. Este ano, o ICOM decidiu dedicar este día a “Os Museos e a Memoria”, baseándose en como os obxectos poden ser instrumentos para contar a Historia.

   A Exposición estará aberta do 18 de maio ao 5 de xuño e poderá ser visitada no seguinte horario:
- De martes a venres: de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h. a 20:00h.
- Sábados e domingos: de 11:00h. a 14:00h.

     Dende a Fundación Ortegalia queremos dar as grazas a todas as persoas que desinteresadamente colaboraron con nós, cedendo material para esta exposición

viernes, 6 de mayo de 2011

VIII FESTA DOS MAIOS
















A Fundación Ortegalia celebrará a VIII Festa dos Maios o venres 13 maio ás 16:30 h, na praza de Isabel II.

 
Máis información:
            Fundación Ortegalia
            Museo Ortegalia
            Av. Francisco Santiago, 6 y 9-15330 Ortigueira
            Tel.: 981 402 413 / 981 422 047
            E-mail: museo@ortegalia.es; fundacion@ortegalia.es

martes, 3 de mayo de 2011

CONCURSO " Mi árbol o grupo de árboles favorito"















Actividad relacionada con la celebración del Año Internacional de los Bosques.
Las fotografías serán expuestas en el Museo Ortegalia y en el Facebook de la Fundación Ortegalia entre el 20 de julio y el 30 de septiembre de 2011.

¿Cómo participar?
Propón tu árbol o grupo de árboles favorito del territorio del Ortegal, presentando:
-         Una fotografía en formato digital (tamaño DINA4 y con resolución mínima de 150 ppp)
-         Información sobre:
o       Localización
o       Nombre de la especie
o       Otras característica (dimensiones, localización, valor histórico y/o estético,…)
o       Datos del proponente.
La presentación se hará:
-         En el Museo Ortegalia, Av. Francisco de Santiago, 9 – 15330 Ortigueira
-         Vía e-mail: museo@ortegalia.es; fundacion@ortegalia.es.

¿Cómo votar?
La votación se hará de forma presencial en el Museo Ortegalia o a través del Facebook de la Fundación Ortegalia.

¿Cuándo?
La fecha límite para presentar las candidaturas será el 18 de julio de 2011.
Las votaciones se realizarán entre el 22 de julio y el 22 de agosto de 2011.

Premio: una estancia de un fin de semana para dos personas en una casa de turismo rural.

Más información:
            Fundación Ortegalia
            Museo Ortegalia
            Av. Francisco Santiago, 6 y 9-15330 Ortigueira
            Tel.: 981 402 413 / 981 422 047
            E-mail: museo@ortegalia.es; fundacion@ortegalia.es