29 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DA DANZA
O Día Internacional da Danza ten como obxectivo o de captar a atención dun número crecente de persoas, para que se somen a este tipo de arte. Foi instituído no ano 1982 polo Comité de Danza do Instituto Internacional do Teatro da Unesco, a proposta do Piepor Gusev. Este mestre ruso quixo render unha homenaxe ao coreógrafo francés Jean Georges Noverre, nacido un 29 de abril do ano 1727 e considerado creador do ballet moderno.
Ilustra esta publicación unha imaxe da micropeza de danza realizada por Fran Riveiro, o pasado mes de febreiro, no Museo Ortegalia.
viernes, 29 de abril de 2016
miércoles, 27 de abril de 2016
A ALONGADA SOBRA DOS GARCÍA RODRÍGUEZ DE VALCARCE
Conferencia "A Alongada Sombra dos García Rodríguez de Valcarce"
Venres 29 de abril
20:00h.
MUSEO ORTEGALIA
Invitámosvos a tod@s a asistir, este venres, á conferencia que X. Carlos Breixo, cronista oficial de Ortigueria, impartirá sobre García Rodríguez de Valcarce, nobre galego que apoiou a Henrique de Trastámara na guerra que mantivo contra Pedro I “o Cruel” quen, como recompensa aos seus servizos, nomeouno Señor da vila das Pontes.

martes, 26 de abril de 2016
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA LEADER GALICIA 2014 - 2020
Esta mañá, o MUSEO ORTEGALIA acolleu o acto de presentación do Programa Leader Galicia 2014 - 2020, organizado por SEITURA22.
viernes, 22 de abril de 2016
Visita ao Museo Ortegalia dos partipantes Xornadas Técnicas Nacionais do Profesorado de Madeira 2016
Participantes nas Xornadas Técnicas para o profesorado de FP de Madeira e Moble, celebradas hoxe en Ortigeira, visitando nestes intres o Museo Ortegalia.
EXPOSICIÓN DE TERESA BARRRÓS E AVELINO CASTRO NO ESPAZO ARTEGALIA
O 30 de abril inauguramos nova exposición no Espazo Artegalia- Museo Ortegalia.
A mostra que leva por título "Frecuencias Cromáticas" é unha obra conxunta de Teresa Barrós e Avelino Castro e as obras estarán expostas en dous espazos, Museo Ortegalia e !º andar do Claustro do Concello.

Con motivo da apertura ao público desta exposición, a Agrupación Musical Albéniz (da que forman parte os dous artistas plásticos) ofrecerá un concerto no Teatro de Beneficencia.
Programa:
19:00h. Inauguración no Museo Ortegalia.
20:00h. Actuación no Teatro de Beneficencia da Agrupación Musical Albéniz.
21:00h. Acto ianugural a cargo de D. Juan V. Penabad Muras, alcalde de Ortigueira.
A continuación servirase un ágape por xentileza dos integrantes do grupo coruñes.

CONFERENCIA DE CARLOS BREIXO SOBRE OS GARCÍA RODRÍGUEZ DE VALCARCEL
Desde a Fundación Ortegalia seguimos coas actividades prevista para este ano 2016.
O vindeiro 29 de abril, venres, levaranse a cabo as VI Xornadas de Etnografía.
O Cronista Oficial do Concello de Ortigueira, Carlos Breixo, impartirá unha conferencia que leva por título " A sombra alongada dos García Rodríguez de Valcarcel".
A cita será ás 20:00h no Museo Ortegalia.

22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA
22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA
Aínda que todos os días son días da Terra, non está demais lembralo hoxe e, se pode ser, mellorando as nosas condutas de cara ao medio ambiente.
O tema elixidio para a celebración en 2016 é "As árbores para a Terra".
Para coñecer un pouco máis a importancia dos bosques e algunhas das árbores máis representativas do noso territorio, incorporamos a esta publicación os paneis da nosa exposición "A árbores fan o bosque".

martes, 19 de abril de 2016
19 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA BICICLETA
A bicicleta é un medio de locomoción alternativo, económico e ecolóxico. O seu uso é beneficioso para a nosa saúde e respectuoso co medio ambiente.
Deixámosvos este link con recursos educativos relacionados co tema:
http://
sábado, 16 de abril de 2016
CONFERENCIA DE JUAN LUIS MONTERO FENOLLÓS
"Borrando as primeiras páxinas da nosa historia. A destrución do patrimonio arqueolóxico de Siria" é o título da conferencia que na xornada de onte impartiu Juan Luis Montero Fenollós, profesor de Historia Antiga na UDC, no Museo Ortegalia.
O acto estivo organizado pola Concellería de Patrimonio e Paisaxe do Concello de Ortigueira.
O acto estivo organizado pola Concellería de Patrimonio e Paisaxe do Concello de Ortigueira.
lunes, 11 de abril de 2016
BORRANDO AS PRIMEIRAS PÁXINAS DA NOSA HISTORIA. A DESTRUCIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO EN SIRIA
VENRES 15 DE ABRIL
20:00H.
MUSEO ORTEGALIA
A concellería de Patrimonio e Paisaxe do Concello de Ortigueira organiza este venres unha conferencia sobre a destrución do patrimonio arqueolóxico en Siria, a cargo de Juan Luís Montero Fenollós, profesor de Historia Antiga no campus universitario de Ferrol.

CAMIÑANDO CARA A CANDIDATURA DE XEOPARQUE
Esta fin de semana, celebramos as III Xornadas Xeolóxicas da Costa Norte, nas que visitamos as principais áreas e puntos de interese xeolóxico do concello de Ortigueira, integradas no Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal.
O itinerario do primeiro día transcurriu pola Ría de Ortigueira, Serra da Capelada e Ponte Mera. Na mañá do domingo, tras unha introdución teórica no Museo Ortegalia, achegámonos ao litoral de Loiba e a Espasante.
O grupo que tomou parte na actividade estivo composto por persoas das catro provincias galegas que aprenderon a metodoloxía empregrada para valorar e cuantificar un lugar en función do seu patrimonio xeolóxico.
Moitas grazas a tod@s por participar e moitas grazas tamén a Francisco Canosa polas súas magníficas explicacións.

sábado, 9 de abril de 2016
ONDAS DE MAR E RADIO
Onte, tivo lugar no Museo Ortegalia a conferencia "Ondas de mar e Radio. A experiencia de "Españoles en la Mar" a terceira do ciclo de tertulias que organiza a Asociación Terras do Ortegal.
O relatorio estivo a cargo de Antón Luaces Teixido, xornalista en prensa escrita e radio.
O relatorio estivo a cargo de Antón Luaces Teixido, xornalista en prensa escrita e radio.
martes, 5 de abril de 2016
lunes, 4 de abril de 2016
VISITA AO MUSEO DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS AGROVELLO DO GROVE
O pasado sábado un grupo de 65 mulleres do Grove, pertencentes á Asociación Mulleres Rurais Agrovello, visitou o Museo Ortegalia.
Moitas grazas pola vosa visita!
Moitas grazas pola vosa visita!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)