viernes, 23 de abril de 2010

Xornada informativa sobre agricultura ecolóxica e consumo responsable

O vindeiro 30 de Abril ás 19:00h, no Museo Ortegalia, terá lugar unha Xornada informativa sobre agricultura ecolóxica, consumo responsable e creación de grupos de consumo en Ortigueira.
A entrada será libre e gratuíta
Organizado por "A Xoanina", cooperativa de consumo responsable.

Para máis información:
Tef: 981 42 23 71
web:http://www.cooperativaxoaninha.org

viernes, 16 de abril de 2010

22 abril - Día da Terra

O Día da Terra fai este ano o seu 40 aniversario. Os temas aos que se fai referencia nesta xornada son a toma de conciencia do mundo no que vivimos, os seus recursos naturais, o uso que se fai deles, a educación ambiental e a participación na sociedade como cidadáns ambientalmente responsables.

Uníndose á celebración do Día da Terra, a Fundación Ortegalia proxecta un documental no que se propón unha viaxe a través do planeta, ao longo das distintas estacións cos seus contrastes e as transformacións naturais para poder observar as condicións de supervivencia dalgunhas especies.

Se che interesa, pásate polo Museo Ortegalia en calquera dos 3 pases:
- Xoves 22 ás 18h
- Sábado 24 ás 12h
- Domingo 25 ás 12h