viernes, 27 de noviembre de 2009

V CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL


Dirixido a todos os nenos/as de 3 a 12 anos que queiran participar.
Só se poderá presentar unha postal por participante, que deberá ser de un tamaño non superior a un DIN 4. Calquera técnica de pintura será válida: ceras, rotuladores, acuarelas,...Non entrarán en concurso as postais que empreguen porpurina, algodóns ou outro tipo de relevos.
Todas as tarxetas recibidas, serán expostas no Museo Ortegalia e haberá un premio único para o neno/a gañador/a do concurso.
Data límite de entrega: 9 de decembro
Máis información:
Av. Francisco Santiago, 6-9
Ortigueira
Teléfono 981 402 413

martes, 3 de noviembre de 2009

Actividades "Ciencia Abella"

O Museo Ortegalia acollerá o vindeiro sábado 14 de novembro as actividades Ciencia Abella. Ao longo de todo o día (de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas), o público poderá aprender coa exposición apícola, coaas proxeccións ou co obradoiro de creativida PIN-CHA destinado aos máis novos.

Ademais, en quendas ás 11.30, 13, 17 e 18 horas haberá catas de mel guiadas e prácticas de laboratorio para ver o mundo da abella dende o microscopio.


Ciencia abella é un programa de divulgación científica adicado a abella, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e emmarcado dentro da axenda da Semana da Ciencia 2009.