martes, 25 de octubre de 2016


 
VII Xornadas Micolóxicas da Fundación Ortegalia
Sábado 12 e domingo 13 de novembro.
Actividade gratuíta.
Información e inscricións:
Fundación-Museo Ortegalia
Avda. Francisco de Santiago, 6-9
15330 Ortigueira
Tel.: 981402413
fundacion@ortegalia.es
museo@ortegalia.es

martes, 11 de octubre de 2016

Conferencia “Os muíños e a posta en valor do patrimonio. O caso das Terras de Ortegal”,

Informámosvos de que este venres, ás 20:00h., o Museo Ortegalia acollerá a conferencia “Os muíños e a posta en valor do patrimonio. O caso das Terras de Ortegal”, a cargo do historiador Xosé María Leal Bóveda.
Organiza: Asociación Terras do Ortegal.
Presenta: María Quintiana, consultora de comunicación.

viernes, 7 de octubre de 2016

jueves, 6 de octubre de 2016

ANIMAIS EN ADOPCIÓN

 
 
Desde mañá, quedará aberta ao público esta mostra de fotografías, cedidas por Animales Ortegal, onde poderedes coñecer aos animais do noso concello que están á procura dun novo fogar.

miércoles, 5 de octubre de 2016

MUSEO ORTEGALIA - PUNTO DE RECOLLIDA DE MATERIAL PARA OS ANIMAIS ABANDONADOS

Desde a Fundación Ortegalia queremos agradecer a vosa participación a tod@s @s que asististes á actividade de onte "Loitando por eles", mostrando a vosa sensibilidade polos animais en busca de fogar e necesitados de axuda. Especialmente, gustaríanos transmitir o noso agradecemento á Asociación Pegadas Solidarias e a Animales Ortegal, así como a todos aqueles que, como Belén Galdo, colaboran de forma totalmente altruísta con eles. Nosos máis sinceros parabéns polo voso traballo.
Ademais, informámosvos de que acaba de instaurarse, no Museo Ortegalia, un punto de recollida de donativos para ambas entidades e de material para o refuxio das Pontes.


martes, 4 de octubre de 2016

MERCADIÑO SOLIDARIO

4 de outubro, Día Mundial dos Animais
LOITANDO POR ELES
Non vos esquezades de asistir hoxe a esta actividade que consistirá nunha mesa redonda, na que participarán Pegadas Solidarias e Animales Ortegal.
Ademais, haberá un mercadiño solidario e unha mostra fotográfica sobre os animais máis necesitados de axuda.

lunes, 3 de octubre de 2016

LOITANDO POR ELES

Lembrámosvos que mañá, ás 20:00h., celebrarase no Museo Ortegalia unha mesa redonda para dar a coñecer o labor da Asociación Pegadas Solidarias (As Pontes) e de Animales Ortegal (Ortigueira).
A actividade verase complementada cunha exposición temporal sobre casos particulares de animais necesitados de axuda. Ademais, haberá un mercadiño solidario onde se exporán e venderán produtos realizados por Belén Galdo e Mary Carmen López ou doados por outras colaboradoras.