viernes, 28 de mayo de 2010

XLIV CURSO DE SAÚDE AMBIENTAL


PROGRAMA GALEGO
MUNICIPIOS SAUDABLES E SOSTIBLES 2000-2010

Ortigueira (A Coruña), 31 de maio e 1-4 xuño 2010
O curso celebrarase no Museo Ortegalia en horario de 16:30 a 20:30 horas (de luns a venres). O mércores, o xoves e o venres, de 10:00 a 14:00 horas terán lugar unhas visitas prácticas (opcionais).

O curso consta de 32 horas lectivas.
A Universidade da Coruña (UDC) concederá 2 créditos de libre configuración ao alumnado matriculado nesa Universidade que asista ao curso (en tramitación).
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) concederá 1 créditos de libre configuracion ao alumnado matriculado nesa Universidade que asista ao curso (en tramitación).
A Universidade de Vigo (UV) concederá 2 créditos de libre configuración ao alumnado matriculado nesa Universidade que asista ao curso (en tramitación).

Para máis informacion dirixirse a:

FUNDACIÓN ORTEGALIA
Avd. Francisco de Santiago, 6 e 9
15330 Ortigueira (A Coruña)
Tel.: 981 402 413



viernes, 14 de mayo de 2010

VII FESTA DOS MAIOS 2010


Por motivos climatolóxicos, a VII Festa dos Maios, prevista en principio para o martes 11 de maio, quedou posposta xa para unha nova data, o vindeiro mércores 19 de maio, na praza de Isabel II.

O horario será o mesmo, a partir das 10:30 h.

¡Esperamos que desta vez o tempo nos axude!

miércoles, 5 de mayo de 2010

I Testing Ría de Ortigueira e Ladrido

A Fundación Ortegalia xunto con Biodiversidad Virtual e a Asociación Ornitolóxica Calidris, organiza o I Testing Ría de Ortigueira e Ladrido.

Que é un testing? É unha saída ao campo para realizar moitas fotografías dun área, co obxecto de plasmar a súa biodiversidade. As fotos súbense ao proxecto Biodiversidad Virtual, onde as especies serán identificadas. O obxectivo é aportar datos para a ciencia, a divulgación e a conservación.
Os testings de biodiversidade son un xeito respetuoso de achegarse á natureza e teñen moitas posibilidades didácticas.


Queres participar?
1. Inscríbete! Manda un mail cos teus datos (nome e apelidos, domicilio e teléfono) a egonzalez(arroba)ortegalia.es e poñerémonos en contacto contigo para enviarche máis información.

2. Enfoca e … dispara! A zona do testing é o contorno da Ría de Ortigueira e Ladrido. As datas, entre o 15 e o 23 de maio.

3. Quedada! Se che gusta saír ao campo en grupo, quedaremos o sábado día 22 para facer pequenos percorridos fotográficos e celebrar o Día Internacional da Biodiversidade ao aire libre.

4. Envía as túas fotos á web de Biodiversidad Virtual para que sexan identificadas polos expertos.

5. Mostra as túas fotos! Se queres, as túas fotos formarán parte dunha exposición colectiva no Museo Ortegalia. Canta máis xente poida ver a riqueza do noso contorno, mellor!!

¿DÓNDE?


18 de Maio, Día internacional dos museos
ano 2010: "Museos para a armonía social"

Para celebrar o día internacional dos museos, a Fundación Ortegalia,  en colaboración con CAREY, (Centro Aragonés de Recursos para la Educacion Intercultural) ten programada unha exposición.

¿DÓNDE? está dirixida, fundamentamente, a nenos de primaria, e os interesados nesta actividade poden descargar da páx web de C.A.R.E.Y, unha unidade didáctica para traballar sobre ela.

Estará aberta ao público do 13 ao 21 de Maio en horario de Museo

mais información:
tef: 981 402 413
http://www.ortegalia.es/
http://www.carei.es/