martes, 27 de noviembre de 2012

Exile on Rego Torto St.- Exposición de Banda Deseñada


 
Este decembro, o Museo Ortegalia voltará a ser o escenario onde os autores da nosa comarca poden expoñer o seu traballo.“Exile on Rego Torto St.” é unha mostra dos debuxos de Cristian Fojón Caruncho, un rapaz que, aos seus 15 anos, xa conta cun longo listado de premios de debuxo e banda deseñada.

A exposición estará aberta ao público entre o 5 de decembro e o 6 de xaneiro, e durante este tempo estarán á venda no museo os seus mangas autoeditados.

 A  inauguración é o mércores 5 ás 19h. Achégate a coñecer o traballo de Cristian!!


Ah! E este é o seu blogue.  Recordade o seu nome que, de seguro, voltaredes a oir falar del!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario