viernes, 22 de julio de 2011

Voluntariado Ambiental 2011

O martes 19 de xullo un pequeno grupo de voluntarios ambientais, desprazámonos a un tramo do río Mera para facer unha limpeza da perigosa especie invasora Tritonia x Crocosmiiflora.

Querémoslle dar as grazas a estas persoas que gastaron unhas horas do seu tempo de lecer nesta laboriosa tarefa.

Se che interesa este tema non podes perder a charla sobre Flora Exótica Invasora no Ortegal que terá lugar o vindeiro martes 9 de agosto ás 19.30h no Museo Ortegalia.
Do mesmo xeito, imos organizar máis campañas ás que agardamos que poidades vir. Aínda queda moito por facer, e cantos máis sexamos, mellor!!.



No hay comentarios:

Publicar un comentario