Lembrámosvos de que aínda estades a tempo de inscribirvos na xornada O RURAL, FONTE DE EMPREGO
Ao longo da mañá do sábado 27, contaremos con charlas de emprendedores e técnicos que nos falarán de como desenvolver actividades produtivas no rural.
Para rematar a Xornada, e tras a charla do director técnico da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega, trasladarémonos ata As Neves, á Granxa Caxigueira, para a obseRvación "in situ" das características morfolóxicas do Cabalo de Pura Raza Galega (Cabalo Galego do Monte) e da Vaca Cachena, ambas consideradas Razas Autóctonas en Perigo de Extinción.
Non vos esquezades de que pola tarde celebrarase o I Encontro de Sementes de Couzadoiro.



No hay comentarios:
Publicar un comentario